Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

mércores 9 de setembro de 2020

Folga e concentracións no ensino o xoves, día 10 de setembro

O xoves, 10 de setembro, terá lugar a primeira das dúas xornadas de folga convocadas no ensino galego, cadrando co comezo do curso en educación infantil e primaria. Os sindicatos CCOO, CIG, CSIF e STEG, que contan co apoio das dúas confederacións de ANPAS e das organizacións estudantís, convocan concentracións ás 11:30 nas sete cidades e en varias localidades máis.

Folga e mobilizacións no ensino público

Folga e mobilizacións no ensino público

Indícanse a seguir as concentracións de mañá xoves, ás 11:30 horas:

— Santiago de Compostela: Consellaría de Educación (San Caetano)
— A Coruña: edificio da Xunta (Monelos)
— Ferrol: edificio da Xunta (pr. Camilo José Cela)
— Lugo: edificio da Xunta (rolda da Muralla)
— Ourense: xefatura territorial de Educación (rúa Concello)
— Pontevedra: praza da Peregrina
— Vigo: edificio da Xunta (pr. da Estrela)
— Vilagarcía de Arousa: praza de Galicia  
— Cangas do Morrazo: Concello  
— Verín: Concello
— O Barco de Valdeorras: Concello  
— Ribadeo: Concello (praza de España)  

Cambios na Xunta

Tras o anuncio da folga, a Consellaría de Educación reaccionou anticipando unha semana a publicación do protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 e introduciu cambios sobre o texto aprobado unilateralmente o pasado mes de xullo. Pouco despois, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acometía un cambio á fronte deste departamento, subsituíndo a Carmen Pomar por Román Rodríguez, precisamente o seu antecesor na carteira.

Cambios no protocolo

A modificación máis importante no novo protocolo refírese ao criterio da distancia en ESO e bacharelato: aquí si se respectan os 1,5 metros que recomendan as autoridades sanitarias e prevese o desdobramento naqueles grupos en que non se poida cumprir con este criterio. Porén, o mesmo criterio non se aplicará en infantil e primaria.

Así mesmo, o novo protocolo mantén as eivas do anterior, como o traslado aos equipos directivos e ao profesorado das funcións propias da Administración, dos servizos técnicos e do persoal sanitario: redacción do plan de adaptación, elaboración do plan de continxencia, coordinación do comité COVID, subministración ou control dos materiais de protección. Os criterios para a limpeza e desinfección son tamén insuficientes. CCOO esixe o incremento do persoal para «asegurar as condicións mínimas de fiabilidade».

Ao tempo, a Consellaría «desenténdese» da dotación de equipamentos de protección individual (EPI) para os seus traballadores e traballadoras. Ante isto, CCOO lémbralle que «é obriga da empresa dotar o persoal dos EPI precisos».

Clases telemáticas

Canto á posibilidade dun escenario que esixa a atención telemática, CCOO repróchalle á Xunta que obrigue o profesorado a facer nun mes o que a Consellaría de Educación non deu feito desde marzo. «Non é de recibo que se inste o profesorado a que detecte en setembro o alumnado con dificultades de conexión, xa que son datos que a Consellaría ten desde o curso pasado», reprocha CCOO.

Folga e concentracións no ensino o xoves, día 10 de setembro

mércores 9 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Mariña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade