Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

martes 15 de setembro de 2020

CCOO-Ensino denuncia que a Consellaría atrasa sen data a valoración do persoal especialmente sensible á COVID-19

  • O sindicato rexistrou un escrito esixindo a inmediata valoración das solicitudes presentadas polas traballadoras e traballadores

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia denuncia que a Consellaría de Educación atrasa sine die a valoración do persoal especialmente sensible á COVID-19. O sindicato rexistrou un escrito esixindo a inmediata valoración das solicitudes presentadas polas traballadoras e traballadores, así como a dispensa de acudiren de xeito presencial ao seu posto de traballo mentres non haxa unha resolución.

CCOO insta a valorar o persoal especialmente sensible

CCOO insta a valorar o persoal especialmente sensible

Actualmente, acumúlanse nas catro provincias galegas centos de solicitudes de traballadoras e traballadores da Consellaría para seren cualificados «persoal especialmente vulnerable» á COVID-19, sen que comezase sequera a súa tramitación. A Administración está «absolutamente desbordada», segundo CCOO, principalmente pola inexistencia de servizos de prevención de riscos laborais en cada unha das xefaturas territoriais provinciais.

Persoal «especialmente sensible»

Segundo o sindicato, a Xunta «fai caso omiso» do procedemento do Ministerio de Traballo para os servizos de prevención de riscos laborais fronte ao SARS-COV-2, así como das medidas do Ministerio de Educación para a prevención, hixiene e promoción da saúde fronte á COVID-19.

Os ministerios definen como «persoal especialmente sensible» aquel que padeza enfermidade cardiovascular —incluída a hipertensión—, enfermidade pulmonar crónica, diabetes, insuficiencia renal crónica, inmunodepresión, cancro —en fase de tratamento activo—, enfermidade hepática crónica grave, obesidade mórbida, ter máis de 60 anos e tamén as situacións de embarazo. A situación destes colectivos ha ser avaliada e é preceptivo emitir un informe sobre as medidas de prevención, de protección ou de adaptación do posto de traballo.

Para CCOO-Ensino, a raíz deste problema é a escasa dotación dos servizos de prevención de riscos laborais da Consellaría, «reducidos á súa mínima expresión», así como a «nula importancia» que o departamento outorga á protección da saúde do seu persoal. De feito, o sindicato xa denunciara isto mesmo o pasado mes de maio.

Denuncia nas instancias laborais e xudiciais

«A Consellaría volve demostrar a súa incompetencia para preparar axeitadamente o comezo do curso», censura CCOO. Para garantir a protección da saúde das traballadoras e traballadores do ensino público, o sindicato denunciará a situación perante as autoridades laborais e xudiciais que corresponda.

CCOO-Ensino denuncia que a Consellaría atrasa sen data a valoración do persoal especialmente sensible á COVID-19

martes 15 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros