Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

martes 29 de setembro de 2020

Mobilizacións en Celso Míguez pola «insostible» situación da empresa

  • CCOO denuncia atrasos de varios meses na percepción dos salarios

O persoal de Pinturas Celso Míguez mobilizarase na Coruña mañá mércores, 30 de setembro, pola «insostible» situación da empresa. CCOO denuncia atrasos de varios meses na percepción dos salarios e unha completa «inacción» por parte da dirección, á que lle esixen un plan de viabilidade económica.

Exterior da nave de Pinturas Celso Míguez na Coruña | Foto: Google Street View

Exterior da nave de Pinturas Celso Míguez na Coruña | Foto: Google Street View

Ademais do atraso no cobro das nóminas, estanse a dar casos de traballadores que «están causando baixa da empresa ante a gravidade da situación», apunta o sindicato. A isto cómpre engadir o «desabastecemento» que se padece nas tendas, que incide negativamente nas vendas e nos ingresos.

Por todo isto, a primeira das mobilizacións previstas será o mércores, de 11 a 13 horas diante da tenda situada na avenida Alcalde Pérez Arda.

Mobilizacións en Celso Míguez pola «insostible» situación da empresa

martes 29 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade