Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
Portada da publicación

A contía media das pensións galegas é 11 % inferior á estatal e catro de cada dez están por baixo da pensión mínima

  • Segundo datos do 2016, máis de trescentos mil galegos e galegas tiveron que vivir con pouco máis de 700 euros mensuais polo exiguo das súas prestacións
30.07.2018.

A contía media das pensións galegas, 12.273 euros, é un 11 % inferior á media estatal. Ademais, catro de cada dez están por baixo da pensión mínima. Isto significa que, segundo datos do 2016, 310.793 persoas que tiveron que vivir con pouco máis de 700 euros ao mes, concretamente 8449 euros anuais. Estes son algúns dos principais datos que destaca a Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia no estudo 'As pensións galegas segundo as fontes tributarias'.

Portada da publicación

CCOO afirma que o mercado laboral da provincia de Ourense se caracteriza pola temporalidade, precariedade e perda de poboación activa

  • En dez anos perdéronse máis de 25.000 empregos netos na provincia
24.07.2018.

CCOO afirma que o mercado laboral da provincia de Ourense se caracteriza pola temporalidade, precariedade e perda de poboación activa. Un estudo do Gabinete Económico do sindicato revela que dez anos se perderon máis de 25.000 empregos netos na provincia. Ademais, 6100 fogares teñen todos os seus membros activos en paro e en 3000 non entra ingreso ningún.

Novo número da publicación Galicia Sindical

Galicia Sindical: IV Acordo de Emprego e Negociación Colectiva

11.07.2018.

Novo número da publicación Galicia Sindical, desta vez centrada no IV Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (AENC). O asinamento deste acordo, que se formalizou a pasada semana, é un punto de inflexión para a recuperación de salarios, dereitos e igualdade e constituirá o eixo das reivindicacións de Comisións Obreiras. O contido do AENC vai beneficiar, sobre todo, as persoas que o están a pasar peor: as que traballan en precario, as que máis salario perderon durante a crise, as mulleres e a mocidade traballadora.

Á esq., intervención do secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento; á der., votación do Consello

O Consello Nacional de CCOO de Galicia valida o pacto sobre o IV Acordo Estatal de Emprego e Negociación Colectiva

  • Sindicatos e patronal acordan un incremento salarial fixo de ao redor do 2 %, máis 1 % variable ligada a conceptos que se determinen en cada convenio
26.06.2018.

Recollendo o sentir maioritario das asembleas coa afiliación que tiveron lugar nos últimos días, o Consello Nacional de CCOO de Galicia validou por unanimidade o principio de acordo estatal de negociación colectiva (AENC) para o período 2018-2020. O AENC deberá aínda ser ratificado polo Consello Confederal de CCOO, que se reunirá o próximo xoves, día 28, en Madrid.

Novo número da 'Radiografía' de CCOO

Galicia só recuperou en catro anos un terzo do emprego destruído nos seis anteriores

  • A caída da afiliación e o aumento da temporalidade caracterizan o mercado de traballo en Galicia no primeiro trimestre do ano: o 35,03 % dos contratos iniciais temporais duraron menos dunha semana
29.05.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) edita unha nova 'Radiografía trimestral do mercado laboral galego'. A partir dos datos da última enquisa de poboación activa (EPA), o sindicato elabora un diagnóstico da situación, «paso imprescindible para podermos formular propostas», apunta Maica Bouza, secretaria de Emprego da organización sindical. A principal conclusión do sindicato é que Galicia só recuperou en catro anos a terceira parte do emprego destruído nos seis anteriores.

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio

  • Os secretarios xerais dos dous sindicatos afirmaron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise
01.05.2018.

Milleiros de persoas saíron este martes ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio baixo lema «Tempo de gañar». Precisamente, os secretarios xerais das dúas organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, respectivamente, lembraron que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais recortados durante os anos da crise. Desde Vigo, Gómez e Sarmiento reclamaron mellor emprego, maiores salarios, pensións dignas e máis igualdade.

Maica Bouza alerta a precariedade asociada á contratación estacional

CCOO lamenta que non se aproveite o ciclo de crecemento económico para mellorar o emprego e as condicións laborais

  • O sindicato liga a factores estacionais a mellora da contratación, pero lamenta a precariedade do mercado de traballo en Galicia e chama a participar nas mobilizacións do vindeiro 15 de abril
03.04.2018.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) lamenta que non se aproveite o ciclo de crecemento económico para mellorar o emprego e as condicións laborais. Os datos do paro rexistrado do mes de marzo revelan un descenso do número de persoas rexistradas como desempregadas, pero desde o sindicato lamentan que isto se produza á custa dunha maior precariedade laboral.

Novos cursos dispoñibles

Novos cursos de formación en Fórmate.es

15.03.2018.

En virtude do convenio de colaboración asinado polo Sindicato Nacional de CCOO e GDOCE, informamos de novos cursos de formación a distancia gratuítos, dispoñibles no portal Fórmate.es. As prazas convocadas son para cursos gratuítos financiados polo SEPE, claves na reciclaxe profesional e promoción laboral.

Oficina do Servizo Público de Emprego na Coruña

CCOO coida positivos os datos da EPA, pero advirte que a economía medra a maior ritmo que o emprego

  • Desde o sindicato aseguran que queda «moito por facer» para recuperar o nivel de emprego previo á crise: en Galicia hai 127.000 postos de traballo menos ca no segundo trimestre de 2008
26.07.2018.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) coida positivos os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do segundo trimestre do ano, xa que amosa o incremento da ocupación e a redución do desemprego. Con todo, a secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, apunta que a mellora dos indicadores laborais «non garda proporción co crecemento económico, que está por riba do 3 %».

Tenda e concentración fronte a Adolfo Domínguez | Foto: Arquivo de CCOO

CCOO, CIG e UGT pechan cun acordo unánime o ERE en Adolfo Domínguez

  • Reduciuse case á metade o número de despedimentos previstos e melloraron substancialmente as condicións de saída
13.07.2018.

Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), CIG e UGT pecharon cun acordo unánime o expediente de regulación de emprego (ERE) en Adolfo Domínguez. A comisión negociadora,constituída o pasado 6 de xuño, chegou esta mesma semana ao devandito acordo, que reduce case á metade o número de expedientes previstos respecto da proposta inicial da empresa téxtil.

CCOO denuncia o aumento da pobreza laboral

Os datos do paro rexistrado son «unha mellora estatística que non saca os galegos e galegas da pobreza laboral»

  • No último mes asináronse, de media, máis de doce contratos por cada alta na seguridade social
03.07.2018.

Para o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, os datos do paro rexistrado do mes de xuño, publicados hoxe, son «unha mellora estatística que non saca os galegos e galegas da pobreza laboral». A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, coida que a cifras son as «previsibles» para esta época do ano e, igual que en anteriores exercicios, alerta da «extrema fraxilidade» dos postos de traballo creados. Na súa opinión, estase a «aboar o camiño» para que á volta do verán «nos atopemos cun rápido e forte incremento do desemprego».

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

CCOO advirte de que a mellora do paro rexistrado non pode cimentarse nun emprego cada vez máis precario

  • No último mes asináronse, de media, once contratos para cada nova alta no mercado de traballo: 96.189 contratos para 8675 afiliacións á seguridade social
04.06.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) advirte de que a mellora dos datos do paro rexistrado non pode cimentarse mes a mes en postos de traballo «cada vez máis precarios». A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, coida particularmente «escandalosas» as cifras da contratación temporal, pois no último mes asináronse, de media, once contratos para cada afiliación á seguridade social: 96.189 contratos para 8675 persoas.

Oficina do Servizo Público de Emprego en Santiago de Compostela

CCOO constata a minoración do ritmo de creación de emprego e alerta ante as cifras máis baixas en catro anos

  • CCOO denuncia a «indecente» precariedade laboral e critica que o emprego só medre a quinta parte en que o fai a economía
04.05.2018.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) constata a minoración do ritmo de creación de emprego —que xa leva meses advertindo— e alerta ante as cifras máis baixas en catro anos no referente a novos postos de traballo e diminución do paro. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, tamén denuncia a elevada precariedade laboral e critica que o emprego só medre a quinta parte en que o fai a economía.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

CCOO cualifica de «malos sen paliativos» os datos da EPA e alerta da minorización no ritmo de creación de emprego

  • O sindicato insta a Xunta a «exercer as súas competencias» e tomar medidas para que a mellora da economía se traduza en creación de emprego de calidade
26.04.2018.

Para o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, os datos da última enquisa de poboación activa (EPA) son «malos sen paliativos». A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, alerta da minoración no ritmo de creación de postos de traballo que amosan as cifras do primeiro trimestre do ano. Segundo a sindicalista, Galicia xa leva moitos meses sen conseguir baixar das 180.000 persoas desempregadas e presenta datos «moito peores» que a media do Estado.

De esq. a der., Víctor Ledo, Lola Santillana, Ramón Sarmiento e Vicente Canet

CCOO denuncia que máis de 1500 falsos autónomos operan coas grandes industrias cárnicas galegas a través de Servicarne

  • A instancias do sindicato, a Inspección de Traballo ultima actuacións contra esta empresa, que opera con importantes matadoiros en tres provincias galegas
21.03.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia denuncia que máis de 1500 falsos autónomos operan coas grandes industrias cárnicas galegas a través de Servicarne, que pola súa vez é unha falsa cooperativa. Voceiros do sindicato explicaron esta mañá en conferencia de prensa as actuacións levadas a cabo contra esta empresa, que recibe encargos de importantes matadoiros en tres provincias galegas. Segundo os datos do sindicato, o groso da fraude estaría na provincia de Ourense, con case a metade dos casos, situándose a seguir Lugo e Pontevedra.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia