Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo
Oficina do Servizo Público de Emprego en Santiago de Compostela

Galicia lidera a precariedade laboral no Estado, cun aumento catro veces superior dos contratos temporais

  • A economía desacelérase e Galicia perde a oportunidade de crear emprego de calidade
02.08.2019.

Segundo os datos coñecidos hoxe, Galicia ten 4328 persoas desempregadas menos que no mes de xuño e rexistra a maior baixada interanual de todo o Estado. Aínda así, segue habendo 150.921 persoas desempregadas na comunidade autónoma. O paro baixa en todos os sectores de actividade e en todos os grupos de idade. Malia que baixa tanto nos homes coma nas mulleres, mantense a fenda de xénero.

De esquerda a dereita, Maica Bouza, secretaria de Emprego, e Silvia Parga, economista de CCOO

CCOO propón un plan de choque para atallar a «precariedade galopante» que padecen as mulleres e a mocidade

  • Un estudo do sindicato revela que a rotación laboral está en máximos: cada persoa asalariada temporal asinou de media 4,29 contratos no 2018, o cociente máis elevado da última década
11.07.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentou este xoves un estudo que analiza a precariedade laboral no mercado de traballo galego. O sindicato instou a Xunta a «non se resignar» e dar por bos os datos que revelan un aumento do emprego, pero á custa da súa degradación. «Así é imposible crear un proxecto de vida e de traballo neste país», sinalou a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza. Entre outras medidas, o sindicato propón un plan de choque para atallar a «precariedade galopante» das mulleres e mocidade, que son os colectivos con maior presenza no emprego a tempo parcial e temporal e sofren maiores taxas de paro.

A Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia publica esta guía en formato electrónico

Guía práctica para buscar emprego

19.06.2019.

A Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia publica en formato electrónico a 'Guía práctica para buscar emprego', na que se resume a principal información sobre a procura dun posto de traballo. Polo seu enfoque, trátase dunha ferramenta destinada especialmente á mocidade que procura o seu primeiro emprego, se ben o contido pode ser de interese para calquera persoa.

Oficina de emprego en Galicia

CCOO alerta do aumento da precariedade laboral, con once contratos de media por persoa, e da redución da protección social

  • O sindicato insta a Xunta a tomar medidas, na liña das "10 propostas para un xiro social en Galicia" que CCOO presentou o pasado mes de maio
04.06.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) alerta do aumento da precariedade laboral que revelan os datos do paro rexistrado do mes de maio. Segundo o sindicato, a redución do desemprego non oculta a ínfima calidade dos postos de traballo creados. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, afirma que «algo vai mal» cando son necesarios case noventa mil contratos para que a afiliación á seguridade social aumente en algo menos de oito mil persoas.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

CCOO sinala que o factor estacional fai diminuír o paro rexistrado, pero consolida un modelo de crecemento baseado na precariedade

  • O sindicato afirma que «con isto non abonda» para mellorar a economía galega e a calidade de vida das persoas
06.05.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) sinala que o efecto da Semana Santa fixo diminuír o paro rexistrado do mes de abril. Porén, trátase de postos de traballo «con data de caducidade» que consolidan un modelo de crecemento baseado na precariedade. Para a secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, «con isto non abonda» para mellorar a economía galega e a calidade de vida das persoas.

Un documento de interese para todas as persoas traballadoras

Guía de prestacións por desemprego

29.04.2019.

A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO de Galicia recompilou nunha guía toda a información sobre as prestacións por desemprego, un documento de interese para todas as persoas traballadoras, sexa cal for o seu réxime da seguridade social ou modelo de contrato.

CCOO reivindica outro modelo produtivo para Galicia

O «previsible» descenso do paro asenta en emprego precario e «con data de caducidade»

  • CCOO insta a Xunta a «apostar dunha vez» por un cambio de modelo produtivo que repercuta positivamente no resto da economía
02.04.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia salienta que o «previsible» descenso do paro asenta en emprego precario e «con data de caducidade». A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, lamenta que a Xunta «desaproveite» o ciclo alcista e ínstaa a «apostar dunha vez» por un cambio de modelo produtivo que repercuta positivamente no resto da economía.

O novo subsidio ten substanciais melloras respecto do anterior grazas ao acordo cos sindicatos

Melloras do novo subsidio para maiores de 52 anos

15.03.2019.

​O Real Decreto 8/2019 traslado ao marco normativo o acordo entre os sindicatos e o Goberno que recupera o subsidio de maiores de 52 anos. Ademais de derrogar os recortes do 2012 para este subsidio, inclúense melloras para as persoas beneficiarias.

Oficina de emprego en Galicia

A EPA constata que hai máis emprego pero de peor calidade

  • Para CCOO, o obxectivo agora debe ser consolidar o emprego creado, pois os datos revelan que aumenta a contratación temporal e se estanca a indefinida
25.07.2019.

Segundo O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO), a enquisa de poboación activa (EPA) do segundo trimestre de 2019 amosa uns datos favorables que reflicten incremento da ocupación e redución do desemprego. Con todo, este aumento do emprego logrouse á custa da cada vez maior precariedade dos postos de traballo creados. Polo tanto, o sindicato sitúa como obxectivo consolidar o emprego creado e mellorar a súa calidade.

No último mes fixeron falta 14,5 contratos para cada nova alta na seguridade social

CCOO insta a Xunta a «non sacar peito» cos datos do paro rexistrado e lémbralle que «a precariedade non é unha opción»

  • No último mes fixeron falta 14,5 contratos para cada nova alta na seguridade social, un dato que empeora o do mes de maio
02.07.2019.

Os datos do paro rexistrado continúan revelando unha diminución do desemprego, «como era de agardar» na época estival, sinala CCOO. Porén, o sindicato insta o presidente Feijóo a «non sacar peito» e lémbralle que «a precariedade non é unha opción». Segundo as cifras oficiais, no último mes rexistráronse 98.785 contratos e só 6787 novas afiliacións á seguridade social. Isto é, foron necesarios 14,5 contratos para cada nova afiliación, un dato peor ca o do mes de maio (12,18). «Con este modelo de contratación, dificilmente podemos dicir que Galicia estea a crear emprego», sinala a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza.

CCOO preséntalles aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia"

CCOO preséntalles aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia"

  • Desde o sindicato sinalan unha serie de transformacións globais que esixen unha «resposta en clave de país», ao tempo que Galicia debe asumir os desafíos adoptando unha «posición de liderado»
11.06.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentoulles este martes aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia", que conforman a base das reivindicacións que o sindicato levará ao diálogo social aberto coa UGT, a Xunta e a patronal galega. A delegación de Comisións Obreiras entrevistouse con responsables dos grupos do PPdeG, PSdeG e En Marea; tamén hai solicitada unha xuntanza co BNG, pero aínda non se recibiu resposta.

De esq. a der., Mamen Sabio, Ramón Sarmiento, Yolanda Martínez e Xesús Castro

CCOO presenta as dez propostas que levará ao diálogo social, proceso que correrá en paralelo ás mobilizacións en varios sectores

  • O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, avanzou que o sindicato non asinará «nada que non teña un acompañamento orzamentario», e advertiu que «o non-acordo non será pacífico»
23.05.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentou este xoves as "10 propostas para un xiro social en Galicia", que o sindicato levará ao diálogo social aberto coa UGT, a Xunta e a patronal galega. Na súa intervención perante os medios de comunicación, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, explicou que o diálogo se desenvolverá en paralelo ás mobilizacións en varios sectores que precisan solucións «axiña». Así mesmo, avanzou que CCOO non asinará «nada que non teña un acompañamento orzamentario», e advertiu que «o non-acordo non será pacífico».

Pancarta da manifestación central, na Coruña

Milleiros de persoas reclamaron nas rúas galegas que se mire polas súas necesidades e políticas que afronten as carencias sociais

02.05.2019.

Milleiros de persoas, convocadas por CCOO e UGT, saíron ás rúas das cidades e vilas galegas para celebrar este Primeiro de Maio. A cidadanía galega demandou nesta data que "primeiro as persoas" e a necesidade de que o novo Goberno acometa un cambio de políticas co obxecto de garantir máis dereitos, máis igualdade e máis cohesión.

Os datos da EPA en Galicia son peores ca no promedio estatal

O impacto da reforma laboral faise notar nunha EPA con datos máis «desastrosos» en Galicia ca na medio do Estado

  • CCOO insta o Goberno que saia das urnas o vindeiro 28 de abril a derrogar as dúas últimas reformas laborais polos seus «nocivos efectos» para a clase traballadora
25.04.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) salienta que o impacto da reforma laboral se fai notar nunha enquisa de poboación activa (EPA) con datos máis «desastrosos» na comunidade autónoma ca na media do Estado. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica bouza, lamenta que se estea a «desaproveitar a etapa de crecemento» para crear postos de traballo de calidade e con dereitos.

Guía de contratos 2019

CCOO recompila nunha guía os diferentes tipos de contrato

  • O documento presta especial atención aos de prácticas e aos de formación e aprendizaxe, que son obxectivo dunha campaña do sindicato para atallar a fraude
27.03.2019.

A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO de Galicia recompilou nunha detallada guía a información dispoñible sobre as diferentes fórmulas de contratación.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: