Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

mércores 25 de marzo de 2020

CCOO pide que a Xunta e outras Administracións sigan o exemplo do Concello da Coruña para manter o emprego

  • O consistorio coruñés aprobou instrucións para minorar o impacto sobre os postos de traballo das medidas urxentes para frear a pandemia

A Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia aplaude a decisión do Concello da Coruña, que acaba de aprobar novas instrucións en materia de prestacións contractuais do sector público municipal, coas que procura minorar o impacto no ámbito laboral das medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao coronavirus.

Sede do Concello da Coruña | Foto: Wikipedia

Sede do Concello da Coruña | Foto: Wikipedia

Entre outras medidas, establécese, con carácter xeral, que ningún contrato ou actividade de prestacións de carácter sucesivo, derivada dunha relación contractual co Concello da Coruña ou coas súas entidades instrumentais, se entenderá suspendida de forma automática como consecuencia das medidas adoptadas para frear a pandemia.

A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, pide que a Xunta de Galicia e o resto de Administracións sigan o exemplo do Concello da Coruña, que ademais está na liña do que o sindicato leva días reivindicando, para que o impacto sobre o emprego sexa o menor posible.

CCOO pide que a Xunta e outras Administracións sigan o exemplo do Concello da Coruña para manter o emprego

mércores 25 de marzo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
Información - Coronavirus - Noticias sindicais