Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

venres 3 de abril de 2020

Novo formulario de solicitude de alta inicial da demanda de emprego

O Servizo Público de Emprego de Galicia incorpora un novo formulario de solicitude de alta inicial da demanda de emprego. Está deseñado para axilizar os trámites de alta inicial daquelas persoas que nunca estiveron inscritas como demandantes de emprego ou inscritas antes do ano 2005 e necesitan dar de alta a súa demanda para solicitar unha prestación/subsidio por desemprego, por estaren afectadas por un ERTE ou para calquera outro trámite que o requira, como o acceso a ofertas de emprego ou programas de políticas activas.

O novo formulario pretende axilizar os trámites

O novo formulario pretende axilizar os trámites

As persoas que xa estiveron inscritas algunha vez como demandantes de emprego non precisarán usar este formulario, senón que poderán reactivar a súa demanda a través da Oficina Virtual, ou contactando coa súa oficina de emprego, cuxos datos están ao dispor no buscador de oficinas.

Como se tramita a prestación económica?

Nos documentos anexos a esta nota informativa podes descargar dous documentos. Nun deles, o Servizo Público de Emprego de Galicia explica de maneira sinxela como se tramitan as prestacións derivadas dun ERTE de forza maior polo COVID-19; no outro, dáse resposta ás principais dúbidas que poidan xurdir entre as persoas demandantes de emprego nestes momentos.

Novo formulario de solicitude de alta inicial da demanda de emprego

venres 3 de abril de 2020

Documentos relacionados

Como se tramita a túa prestación económica derivada dun ERTE polo COVID-19? [PDF]
Preguntas máis frecuentes das persoas demandantes de emprego sobre as medidas COVID-19 [PDF]

Ligazóns de interese relacionadas

Buscador de oficinas de emprego
Oficina Virtual de Emprego

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas