Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!
Portada da publicación

Novidades para o traballo autónomo en 2016

12.01.2016.

A Secretaría de Emprego do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia publica unha breve guía en que recolle as novidades para o traballo autónomo neste ano.

Principais medidas da Lei de fomento do traballo autónomo

  • As medidas afectan tanto a determinados autónomos en funcionamento como aos novos que emprendan un negocio, especialmente se están a cobrar unha prestación por desemprego
04.09.2015.

A Comisión de Emprego do Senado aprobou o pasado 25 de agosto a Lei para o fomento do traballo autónomo e a economía social.

Modificacións relativas ao traballo autónomo contidas no Real decreto lei 4/2015 que reforma o sistema de formación para o emprego

08.04.2015.

Modificouse o artigo 21 da Lei 20/2007 do Estatuto do Traballo Autónomo (LETA), así como o capítulo I e a disposición transitoria do RD 1613/2010 polo que se crea e regula o Consello de Representatividade das asociacións de autónomos e se establece a composición, funcionamento e organización do Consello do Traballo Autónomo.

Nova bonificación do 100% da cota de autónomos

  • Detalles da nova bonificación para traballadoras e traballadores autónomos recollida no Real decreto lei 1/2015
04.03.2015.

O Boletín Oficial do Estado do sábado, 28 de febreiro, publica o Real decreto lei 1/2015, do 27 de febreiro, de mecanismo de segunda oportunidade, redución de carga financeira e outras medidas de orde social. O artigo 9 deste real decreto recolle unha nova bonificación na cota dos traballadores autónomos que contraten un traballador, a xornada parcial ou completa, nos seguintes suposto: por coidado de menores de ata sete anos ao seu cargo ou por ter ao seu cargo familiares dependentes, por consanguinidade ata segundo grao, que teñan acreditada a situación de dependencia.

Curso de inglés para taxistas

20.02.2012.

20-2-2012.- FOREM-Galicia, a fundación de CCOO de formación para o emprego, impartirá do 20 de marzo ao 15 de maio un curso de inglés para taxistas. O curso, que se realizará a distancia, ten unha duración de 104 horas, e o número de prazas está limitado a 30.

REGULADA A COMPOSICION DO CONSELLO DO TRABALLO AUTONOMO DE AMBITO ESTATAL

25.01.2011.

Con esta regulación, procédese ao desenvolvemento do establecido no Estatuto do Traballo Autómono

Sánchez Aguión (CCOO), José Conde (OAP-Galicia) e Maica Bouza (CCOO)

O Sindicato Nacional de CCOO e OAP-Galicia asinaron un protocolo de colaboración

25.11.2010.

25-11-2010.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) e a Federación de Profesionais e Autónomos de Galicia (OAP-Galicia) asinaron esta mañá un protocolo de colaboración. Mediante este protocolo, as partes comprométense a colaboraren na creación de emprego estable e ao fomento e apoio a iniciativas empresariais, cuxos protagonistas ou emprendedores preferentemente pertenzan a sectores sociais con escaseza de recursos.

Publicadas no BOE as normas de cotización e de cesamento da actividade de autónomos

05.02.2016.

O "Boletín Oficial del Estado" publicou a Orde ESS/70/2016, do 29 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas legais de cotización á Seguridade Social, desemprego, protección por cesamento de actividade, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional, contidas na Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016.

A guía está actualizada cos últimos cambios normativos

CCOO actualiza a súa guía para autónomos e autónomas

30.12.2015.

A Secretaría de Emprego do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia acaba de publicar dixitalmente a versión actualizada da guía para novos autónomos e autónomas. O documento recolle, polo tanto, os cambios derivados da nova lei de reforma e fomento do traballo autónomo, en vigor desde o pasado 10 de outubro.

Cambio de base de cotización para traballadoras e traballadores autónomos

14.04.2015.

As traballadoras e traballadores autónomos poden cambiar as bases de cotización, co fin de incrementala para mellorar a súa cobertura —por exemplo, en caso de accidente laboral— ou a súa futura xubilación.

Os cursos son totalmente gratuítos

Cursos de formación 2015 para traballadoras e traballadores autónomos

  • Estas accións formativas son totalmente gratuítas
17.03.2015.

FOREM confederal fai pública a relación de cursos de formación para traballadoras e traballadores autónomos no ano 2015.

Intervención de Xosé Manuel Sánchez Aguión

CCOO rubrica dous acordos para que 60.000 galegos e galegas poidan mellorar a súa formación e empregabilidade

  • O sindicato cualifica de «esforzo colectivo» o acordo sobre as liñas básicas para desenvolver en Galicia o Programa de Garantía Xuvenil e as liñas complementarias do Programa Extraordinario de Activación para o Emprego
14.01.2015.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras, a UGT, a CEG e a Xunta de Galicia asinaron hoxe o acordo sobre as liñas básicas para o desenvolvemento en Galicia do Programa de Garantía Xuvenil e as liñas complementarias do Programa Extraordinario de Activación para o Emprego. Para CCOO, trátase dun «esforzo colectivo» grazas ao cal 60.000 galegos e galegas poderán mellorar a súa formación ou cualificación profesional e, con iso, teren maiores posibilidades de acceder ao un emprego ou ao autoemprego.

Convocadas as subvencións para a promoción do emprego autónomo en Galicia para o ano 2012

  • A convocatoria da Xunta foi publicada no DOG do venres 20 de xaneiro
27.01.2012.

O IGAPE aproba os tipos de xuro aplicables no primeiro semestre do 2011

23.12.2010.

23-12-2010.- No DOG do mércores 22 de decembro de 2010 aparece unha Resolución do 15 de decembro de 1010 pola que se establece o tipo de xuro para o primeiro semestre de 2011 para operacións acollidas a diferentes convenios e programas de axuda do IGAPE.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: