Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

Principais medidas da Lei de fomento do traballo autónomo

  • As medidas afectan tanto a determinados autónomos en funcionamento como aos novos que emprendan un negocio, especialmente se están a cobrar unha prestación por desemprego
04.09.2015.

A Comisión de Emprego do Senado aprobou o pasado 25 de agosto a Lei para o fomento do traballo autónomo e a economía social.

CCOO organizou a xornada de formación sindical «Aproximación á figura do TRADE»

26.10.2011.

26-10-2011.- O Sindicato Nacional de CCOO organizou hoxe a xornada de formación sindical «Aproximación á figura do TRADE», isto é, as traballadoras e traballadores autónomos economicamente dependentes.

De esq. a der., Víctor Ledo, Lola Santillana, Ramón Sarmiento e Vicente Canet

CCOO denuncia que máis de 1500 falsos autónomos operan coas grandes industrias cárnicas galegas a través de Servicarne

  • A instancias do sindicato, a Inspección de Traballo ultima actuacións contra esta empresa, que opera con importantes matadoiros en tres provincias galegas
21.03.2018.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia denuncia que máis de 1500 falsos autónomos operan coas grandes industrias cárnicas galegas a través de Servicarne, que pola súa vez é unha falsa cooperativa. Voceiros do sindicato explicaron esta mañá en conferencia de prensa as actuacións levadas a cabo contra esta empresa, que recibe encargos de importantes matadoiros en tres provincias galegas. Segundo os datos do sindicato, o groso da fraude estaría na provincia de Ourense, con case a metade dos casos, situándose a seguir Lugo e Pontevedra.

Publicado o Real decreto 128/2013, do 22 de febreiro, sobre ordenación do tempo de traballo para os traballadores e traballadoras autónomos que realizan actividades móbiles de transporte por estrada

28.02.2013.

O Real decreto 128/2013, do 22 de febreiro, sobre ordenación do tempo de traballo para os traballadores e traballadoras autónomos que realizan actividades móbiles de transporte por estrada, establece que a xornada laboral dos transportistas autónomos de mercadorías e viaxeiros por estrada, incluído o tempo de condución e outras tarefas como a carga e descarga, debe ter unha duración máxima de 48 horas semanais.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: