Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!
Na fotografía, intervención de Mamen Sabio (dereita)

CCOO participa na Coruña nunha xornada sobre o acoso no ámbito laboral

02.10.2019.

A secretaria da Muller de CCOO, Mamen Sabio, participou hoxe na Coruña nunha xornada sobre o acoso no ámbito laboral. O acto estivo organizado polo Consello Galego de Relacións Laborais.

Cartel desta convocatoria

CCOO súmase á «noite violeta» do 20 de setembro

19.09.2019.

O movemento feminista galego convoca unha xornada de mobilización no serán do venres, 20 de setembro, en memoria de todas as vítimas da violencia machista. O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia chama a participar nas concentracións que terán lugar en diversos concellos do país.

CCOO súmase ás críticas pola eliminación da Concellaría de Igualdade de Ourense

  • A Secretaría da Muller de CCOO de Ourense-Valdeorras critica que se elimine a Concellaría de Igualdade no Concello de Ourense e a súa disolución na Concellaría de Políticas Sociais, considerando esta decisión como un paso atrás na loita pola igualdade
29.06.2019.

A responsable do área de Muller e Igualdade de CCOO de Ourense-Valdeorras, Yvonne Vázquez, considera que a decisión de eliminar a Concellaría de Igualdade é un paso atrás na loita pola igualdade real entre mulleres e homes. Sinala, asemade, que esta decisión é un reflexo do pouco interese que, tanto DO como PP amosan cara a estes asuntos

Fotografía de familia das entidades colaboradoras do ano 2018

CCOO colabora unha vez máis con Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio

21.06.2019.

Entre o 20 e o 22 de xuño ten lugar na Coruña a terceira edición de Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio. Trátase dunha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social. Como nas anteriores edicións, en Acampa 2019 colabora Comisións Obreiras a través da Unión Comarcal coruñesa.

O pasado 24 de maio asinouse o plan definitivo

Asinado o primeiro plan de igualdade das fábricas de taboleiro de Finsa en Galicia

28.05.2019.

O pasado 24 de maio, o comité intercentros de Finsa, formado por CCOO, UGT e USO, ratificou o primeiro plan de igualdade para as fábricas de taboleiro. O dito plan xa fora acordado no mes de abril, no seo da comisión de igualdade.

17 de maio, Día Internacional contra a LGTBIfobia

#EnClaveArcoiris, 17 de Maio, Día Internacional contra a LGTBifobia

20.05.2019.

A Organización das Nacións Unidas (ONU) declara que o propósito dos «días internacionais» é sensibilizar, concienciar, chamar a atención, sinalar que existe un problema sen resolver, un asunto importante e pendente nas sociedades para que Gobernos e Estados actúen e tomen medidas ou para que a cidadanía así llelo esixa aos seus representantes.

Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

A Xustiza condena o Consorcio Galego de Igualdade por lles denegar ás traballadoras permisos de conciliación

  • CCOO lamenta que, «unha vez máis», sexa necesario recorrer á vía xudicial para gozar de dereitos sociais que están recoñecidos por lei
07.03.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que o Consorcio Galego de Igualdade lles denega «de xeito discrecional» ás traballadoras permisos relacionados coa conciliación da vida laboral e familiar. O Xulgado do Social n.º 3 de Ourense acaba de condenar este ente público por lle negar a unha traballadora un permiso utilizado sen oposición por outras compañeiras.

Cartel de CCOO para a folga do 8M

Folga de dúas horas por quenda o 8 de marzo

  • Información sobre os actos previos e as mobilizacións previstas para o día da folga
  • A folga terá vinte e catro horas de duración en sectores fortemente feminizados, como ensino, centros de chamadas, medios de comunicación ou instalacións deportivas, entre outros
02.03.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia convocou folga de dúas horas por quenda para o vindeiro 8 de marzo. Concretamente, de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas e para as xornadas continuadas en quenda de noite, a folga farase durante as dúas primeiras horas da quenda nocturna que comece na xornada do día 8. Con todo, no sector da restauración colectiva o horario será diferente, mentres que nos sectores do ensino, medios de comunicación e dos centros de chamadas, convócase folga de 24 horas.

A Comisión Executiva Nacional emitiu unha resolución sobre o debate

Debate de política xeral: CCOO pide aproveitar os orzamentos do 2020 para posicionar a Galicia ante os cambios que se aveciñan

  • A Xunta ten mecanismos de intervención nas crises sectoriais e empresariais da nosa comunidade e non podemos renunciar a usalos para salvagardar a actividade industrial e o emprego vinculado a ela
26.09.2019.

A Comisión Executiva Nacional de Comisións Obreiras de Galicia emitiu hoxe unha resolución sobre o debate de política xeral que tivo lugar o mércores no Parlamento galego. Para CCOO, sería «imperdoable» que este debate fose o anticipo dun «longo período de campaña electoral» ata as eleccións autonómicas do 2020. Ante os numerosos retos que ten por diante o país, o sindicato insta a aproveitar a elaboración dos orzamentos do ano 2020 e do Plan Estratéxico de Galicia 2020-2030 para posicionar a Galicia ante os cambios que se aveciñan.

Loito en CCOO

CCOO amosa a súa repulsa polos últimos asasinatos machistas

17.09.2019.

Dende o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia condenamos os novos asasinatos machistas e transmitímoslles as nosas condolencias á familia das mulleres asasinadas onte.

CCOO seguirá a traballar pola igualdade nos seus diferentes ámbitos de actuación

CCOO ante o Día do Orgullo de 2019

26.06.2019.

A Confederación Sindical de CCOO, activista histórica da loita polos dereitos das persoas LGTBI+, abrazará, coma sempre, as reivindicacións deste ano, estando presente nas diferentes manifestacións que percorrerán distintas cidades e vilas do noso país.

CCOO preséntalles aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia"

CCOO preséntalles aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia"

  • Desde o sindicato sinalan unha serie de transformacións globais que esixen unha «resposta en clave de país», ao tempo que Galicia debe asumir os desafíos adoptando unha «posición de liderado»
11.06.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentoulles este martes aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia", que conforman a base das reivindicacións que o sindicato levará ao diálogo social aberto coa UGT, a Xunta e a patronal galega. A delegación de Comisións Obreiras entrevistouse con responsables dos grupos do PPdeG, PSdeG e En Marea; tamén hai solicitada unha xuntanza co BNG, pero aínda non se recibiu resposta.

De esq. a der., Mamen Sabio, Ramón Sarmiento, Yolanda Martínez e Xesús Castro

CCOO presenta as dez propostas que levará ao diálogo social, proceso que correrá en paralelo ás mobilizacións en varios sectores

  • O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, avanzou que o sindicato non asinará «nada que non teña un acompañamento orzamentario», e advertiu que «o non-acordo non será pacífico»
23.05.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentou este xoves as "10 propostas para un xiro social en Galicia", que o sindicato levará ao diálogo social aberto coa UGT, a Xunta e a patronal galega. Na súa intervención perante os medios de comunicación, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, explicou que o diálogo se desenvolverá en paralelo ás mobilizacións en varios sectores que precisan solucións «axiña». Así mesmo, avanzou que CCOO non asinará «nada que non teña un acompañamento orzamentario», e advertiu que «o non-acordo non será pacífico».

Manifestación en Vigo

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas manifestacións

  • Masivo seguimento da folga, especialmente en grandes empresas e administracións públicas
  • As concentracións e manifestacións tiveron un seguimento multitudinario
08.03.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga do 8 de marzo. O seguimento foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións pública, sen que se rexistrasen incidentes salientables. As concentracións e manifestacións tiveron tamén un seguimento multitudinario.

De esq. a der., Manen Sabio, secretaria da Muller de CCOO, e Silvia Parga, economista de CCOO

CCOO denuncia que a precariedade laboral en Galicia «ten rostro de muller»

  • Soldos e prestacións inferiores, peores condicións e menor participación no mercado de traballo porque asumen a maioría de coidados familiares
04.03.2019.

En Galicia hai máis mulleres ca homes en idade legal de traballar. Malia isto, menos da metade participan no mercado de traballo (48,9 %), unha taxa de actividade case dez puntos inferior á dos homes. Este é un dos principais datos sobre os que botou luz o estudo que hoxe presentou o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) nunha conferencia de prensa en que interviron a secretaria da Muller, Mamen Sabio, e a economista do sindicato, Silvia Parga.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros