Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!
Mobilizacións convocadas para o mércores

25N: Mobilizacións unitarias do feminismo galego

24.11.2020.

O movemento feminista galego, do que forma parte CCOO, convoca mobilizacións en diferentes localidades galegas na tarde do 25 de novembro.

25 de Novembro de 2020. Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

25 de Novembro de 2020. Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

  • CCOO E UGT INSTAN A ERRADICAR AS VIOLENCIAS MACHISTAS e reclámanlle ao Goberno a ratificación dos Convenios 189 e 190 da OIT
19.11.2020.

As confederacións sindicais de Comisións Obreiras (CCOO) e da Unión Xeral de Traballadores (UGT) queremos facer un chamamento este 25 de Novembro de 2020, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, ao conxunto de traballadoras e traballadores e a toda a cidadanía en xeral, para que se sumen á denuncia e repulsa de todos os actos de violencia machista, dos máis graves e dramáticos e daqueloutros que permanecen invisibles pero igualmente danan a saúde, a liberdade, a seguridade, a autonomía e a dignidade de todas as mulleres.

Un momento da acción formativa

O Gabinete de Igualdade de CCOO impartiu unha xornada formativa en Santiago

22.10.2020.

O Gabinete de Igualdade de CCOO impartiu esta semana unha xornada didáctica para delegadas e delegados. A acción formativa centrouse nos plans de igualdade e a igualdade retributiva desde a perspectiva dos novos reais decretos 901 e 902, do 13 de outubro.

O Gabinete de Igualdade de CCOO está ao servizo da clase traballadora

Xornadas didácticas organizadas polo Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia

14.10.2020.Gabinete de Igualdade

Desde a súa creación, este Gabinete esforzouse por promover unha formación especializada das persoas que compoñen as delegacións das CCOO nas empresas galegas. Todas as federacións tiveron acceso a esta formación presencial. A pandemia freou as nosas aspiracións de levar os conceptos básicos sobre igualdade e plans de igualdade á maior cantidade de delegados e delegadas de CCOO, pero os resultados obtidos nas xornadas dos primeiros meses do 2020 foron esperanzadores e lévannos a organizalas de novo (terán lugar este outono).

Resumo do Real decreto lei de traballo a distancia

02.10.2020.

O pasado 23 de setembro aprobouse o Real decreto lei que regula o traballo a distancia e o teletraballo, modalidades que ata o de agora apenas se trataban no Estatuto dos Traballadores.

23 de setembro: Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Persoas | Foto: Pixabay

23 de setembro: Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Persoas

21.09.2020.

O 23 de setembro é o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Persoas, instaurado no ano 1999 na Conferencia Mundial da Coalición contra o tráfico de persoas en coordinación coa Conferencia de Mulleres que tivo lugar en Bangladesh ese mesmo ano.

Gabinete de Igualdade de CCOO: estámos para axudarche!

Desculpen que insistamos: a importancia de seguir formando en igualdade o sindicalismo

25.08.2020.Gabinete de Igualdade de CCOO

É indispensable sensibilizar e formar as persoas sindicalistas para que, na negociación colectiva, defendan a igualdade de oportunidades e a non discriminación entre mulleres e homes. Aínda que a lexislación actual é clara ao respecto e formalmente están penadas as actitudes empresariais discriminatorias, na práctica a evolución dos plans e medidas de igualdade nas empresas semella cortada polo mesmo patrón: cumprir coa norma formalmente e sobre o papel.

#25NViolenciaS

25 de Novembro de 2020. Un contexto de especial dificultade

23.11.2020.Gabinete de Igualdade de CCOO

Chegamos ao 25 de novembro nun contexto de especial dificultade para toda a sociedade, pero especialmente para as vítimas de violencia de xénero, que non pode parar as nosas reivindicacións. O estado de alarma dificultou o seu acceso á protección, mantívoas pechadas nas casas cos seus agresores. Agora, a ameaza da crise económica preséntase con posibles consecuencias na súa inserción laboral e a empregabilidade.

4 de novembro: Día europeo da Igualdade Salarial

4 de novembro: Día Europeo da Igualdade Salarial

04.11.2020.Gabinete de Igualdade de CCOO

Os documentos aprobáronse o martes no Consello de Ministros e Ministras

Real decreto de igualdade retributiva e Real decreto sobre plans de igualdade

14.10.2020.Gabinete de Igualdade

O martes 13 de outubro aprobáronse no Consello de Ministros e de Ministras dous regulamentos imprescindibles para a conquista da igualdade e a eliminación da discriminación das mulleres no mercado laboral; negociáronos e asináronos CCOO e UGT xunto cos ministerios de Traballo e Igualdade, o pasado xullo.

O Gabinete de Igualdade de CCOO está ao servizo da clase traballadora

A fraude da igualdade laboral: cando os plans de igualdade son un mero trámite

09.10.2020.Gabinete de Igualdade de CCOO

Moitos plans de igualdade que están a presentar no REGCON as empresas galegas son meras sinaturas dun documento a través do cal ter acceso a algún tipo de axuda ou ao concurso para prover servizos á Administración pública, pero non representan un verdadeiro compromiso coa implantación da igualdade e a erradicación das discriminacións de xénero no mundo laboral.

O Goberno prorroga o Plan Mecuida

Agora que comezou o curso, que opcións teño se o meu fillo ou filla debe gardar corentena por un positivo por COVID na súa aula?

23.09.2020.Gabinete de Igualdade de CCOO

A volta ao colexio está causando infinidade de problemas e suscitando moitas dúbidas ante as posibles situacións de contaxio que obriguen a cancelar clases e impor corentena ás nenas e nenos destes grupos, dean positivo ou non nunha proba PCR.

18 de setembro, Día Internacional da Igualdade Salarial

18 de setembro, Día Internacional da Igualdade Salarial

14.09.2020.

Este 18 de setembro será o primeiro que reivindiquemos como Día Internacional da Igualdade Salarial. Unha demanda que debemos entender nun contexto de loita pola igualdade á que aínda lle queda moito percorrido. Daquela, esta data ha supor un estímulo e un reforzo nesa loita en que, día a día, traballadoras e traballadores buscamos avanzar co fin de erradicar de vez a fenda salarial.

O Gabinete de Igualdade de CCOO está ao servizo da clase traballadora

Resumo do acordo para o desenvolvemento da igualdade efectiva no traballo entre mulleres e homes

11.08.2020.

​O pasado 31 de xullo de 2020, CCOO asinou, xunto con UGT e o Goberno, o acordo para seguir desenvolvendo a normativa arredor dos plans de igualdade nas empresas, o cal desenvolve os pasos a seguir tanto no desenvolvemento dos plans como na maneira de levar a cabo os rexistros e as auditorías salariais.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: