Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras

venres 19 de outubro de 2018

Vigo acolleu o XXIII Encontro Sindical da Muller

As unións comarcais de CCOO e UGT de Vigo organizan o xoves 18 o XXIII Encontro Sindical da Muller, que nesta ocasión tivo como eixe central o estudo en profundidade do peso das mulleres nos sindicatos e a potenciación da súa presenza nos postos de responsabilidade. Como en anteriores edicións, o evento tivo lugar no Hotel Coia.

Ampla participación nesta xornada

Ampla participación nesta xornada

A apertura da xornada contou coas intervencións de Uxía Blanco, concelleira de Muller de Vigo, Purificación Bernárdez, secretaria de Igualdade de CCOO-Vigo e a súa homóloga da UGT, Ángeles Arias.

Cara ás 10:30, a secretaria confederal de Muller de CCOO, Elena Blasco, e Carmen García en representación da confederación da UGT, disertaron sobre o compromiso sindical pola participación das mulleres.

Ao mediodía, de novo Carmen García, xunto a Mamen Sabio, secretaria da Muller de CCOO de Galicia, falaron da necesidade de potenciar a presenza das mulleres nos órganos de dirección das empresas.

Pola tarde (16 h) houbo cinefórum, seguido dun debate e, contra as 18 horas, a presentación das conclusións e a clausura do evento.

Vigo acolleu o XXIII Encontro Sindical da Muller

venres 19 de outubro de 2018

Documentos relacionados

Programa do encontro [PDF]

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade