Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

mércores 14 de outubro de 2020

Real decreto de igualdade retributiva e Real decreto sobre plans de igualdade

O martes 13 de outubro aprobáronse no Consello de Ministros e de Ministras dous regulamentos imprescindibles para a conquista da igualdade e a eliminación da discriminación das mulleres no mercado laboral; negociáronos e asináronos CCOO e UGT xunto cos ministerios de Traballo e Igualdade, o pasado xullo.

Os documentos aprobáronse o martes no Consello de Ministros e Ministras

Os documentos aprobáronse o martes no Consello de Ministros e Ministras

Fonte: Gabinete de Igualdade. Con eles, preténdese ordenar e normalizar a elaboración e rexistro dos plans de igualdade, así como garantir a igualdade retributiva entre mulleres e homes, isto é, continúase o desenvolvemento da LOIEMH e mais do RDL 6/2019.

Desde a Secretaría de Muller e Igualdade do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e o seu Gabinete de Igualdade, facémonos eco desta importante nova, pois supón que o noso labor cotián estará un pouco máis apoiado pola lei.

Temos que gabar o esforzo levado a cabo tanto pola secretaria confederal de Acción sindical, Mari Cruz Vicente, como pola secretaria Confederal da Muller, Elena Blasco Martín. Ambas recoñeceron onte, en nota de prensa, que estes regulamentos facilitarán o camiño da negociación colectiva e fomentarán que se eliminen «as distintas fendas de xénero que existen entre mulleres e homes»; ao tempo, lamentaron que as organizacións empresariais abandonaran a mesa destas negociacións en xullo.

Así, o traballo que aínda queda por facer en prol da igualdade entre mulleres e homes no mercado laboral e pola «consolidación dunha sociedade libre de estereotipos de xénero» (en palabras da propia Blasco Martín) sustentarase na obriga recollida nestes dous novos regulamentos estatais.

Desde o Gabinete de Igualdade imos traballar nun resumo destes regulamentos, pois pretendemos que tanto a súa comprensión como a súa aplicación resulten sinxelas para as delegadas e delegados de CCOO que negocien plans de igualdade ou convenios colectivos coas súas empresas. Así, aínda que poderás acceder aos textos completos nas ligazóns do BOE, na nosa sección recolleremos as liñas máis importantes dos dous regulamentos.

Real decreto de igualdade retributiva e Real decreto sobre plans de igualdade

mércores 14 de outubro de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Todo o que necesitas saber sobre o ambos os dous Reais decretos [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
Servizos - Gabinete de Igualdade - Actualidade