Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo
25 de Xullo, Día da Patria Galega

Declaración do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia polo Día da Patria Galega de 2019

22.07.2019.

O Día da Patria Galega é para a clase traballadora galega, unha data conmemorativa do compromiso persoal e colectivo con Galicia. Neste día debemos lembrar que defender Galicia e facer país comeza por garantir que as galegas e os galegos poidan vivir e traballar con dignidade na súa terra, que non precisen emigrar para construír proxectos de vida e de futuro.

CCOO seguirá a traballar pola igualdade nos seus diferentes ámbitos de actuación

CCOO ante o Día do Orgullo de 2019

26.06.2019.

A Confederación Sindical de CCOO, activista histórica da loita polos dereitos das persoas LGTBI+, abrazará, coma sempre, as reivindicacións deste ano, estando presente nas diferentes manifestacións que percorrerán distintas cidades e vilas do noso país.

CCOO preséntalles aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia"

CCOO preséntalles aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia"

  • Desde o sindicato sinalan unha serie de transformacións globais que esixen unha «resposta en clave de país», ao tempo que Galicia debe asumir os desafíos adoptando unha «posición de liderado»
11.06.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentoulles este martes aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia", que conforman a base das reivindicacións que o sindicato levará ao diálogo social aberto coa UGT, a Xunta e a patronal galega. A delegación de Comisións Obreiras entrevistouse con responsables dos grupos do PPdeG, PSdeG e En Marea; tamén hai solicitada unha xuntanza co BNG, pero aínda non se recibiu resposta.

De esq. a der., Mamen Sabio, Ramón Sarmiento, Yolanda Martínez e Xesús Castro

CCOO presenta as dez propostas que levará ao diálogo social, proceso que correrá en paralelo ás mobilizacións en varios sectores

  • O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, avanzou que o sindicato non asinará «nada que non teña un acompañamento orzamentario», e advertiu que «o non-acordo non será pacífico»
23.05.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentou este xoves as "10 propostas para un xiro social en Galicia", que o sindicato levará ao diálogo social aberto coa UGT, a Xunta e a patronal galega. Na súa intervención perante os medios de comunicación, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, explicou que o diálogo se desenvolverá en paralelo ás mobilizacións en varios sectores que precisan solucións «axiña». Así mesmo, avanzou que CCOO non asinará «nada que non teña un acompañamento orzamentario», e advertiu que «o non-acordo non será pacífico».

Arriba, premio a M.ª Xosé Porteiro; abaixo, ao persoal de elaborados do mar

CCOO entregou os 'Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade'

  • O acto terá lugar no salón de recepcións de Afundación, en Vigo
27.04.2019.

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo entregou o venres, 26 de abril, os 'Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade'. A entrega dos galardóns tivo lugar no salón de recepcións de Afundación. Os premios recaeron este ano nas compañeiras de CCOO do sector de elaborados do mar, e na xornalista e escritora María Xosé Porteiro.

Tensi Álvarez, Melchor Roel Rivas e Xan López Facal

Premios 10 de Marzo 2019: Tensi Álvarez Folgar, Melchor Roel Rivas e Xan López Facal

02.03.2019.

CCOO e a súa fundación conceden este ano os Premios 10 de Marzo a Tensi Álvarez Folgar, Melchor Roel Rivas (póstumo) e Xan López Facal. A entrega dos galardóns terá lugar ese mesmo día nun acto que comezará ás 13 horas no centro cultural Torrente Ballester, en Ferrol.

A asemblea xeral tivo lugar en Vila Nova de Cerveira

CCOO de Galicia cede ao sindicato portugués CGTP-IN a presidencia do CSIr

22.02.2019.

Na asemblea xeral que tivo lugar o xoves, 21 de febreiro, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia cedeulle ao sindicato portugués CGTP-IN a presidencia rotatoria do Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal. Deste xeito, Joaquim Daniel Rodrigues remuda a Ramón Sarmiento á fronte do organismo, do que tamén forman parte UGT-Galicia e UGT-Portugal.

Fotografía de arquivo dunha protesta esixindo solucións para o estaleiro Vulcano

A Xunta comprométese a convocar unha reunión antes do día 24 para procurar unha saída á situación de Vulcano

  • A Administración autonómica e os sindicatos concordan en que a actual encarga debe ser rematada en Vigo
17.01.2019.

Esta tarde tivo lugar na Consellaría de Industria unha reunión entre o comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano, o propio conselleiro mais o director do IGAPE. Froito da xuntanza, a Administración autonómica comprometeuse a convocar as partes implicadas a unha reunión urxente antes do vindeiro 24 de xaneiro, para tratar de chegar a unha solución «definitiva».

CCOO esixe unha «persoa de prestixio» á fronte do CES para revitalizar e dinamizar a institución

CCOO repróchalle a Feijóo que sitúe «os intereses do partido por riba dos do Galicia» e deixe o CES sen dirección

  • O sindicato esixe unha «persoa de prestixio» á fronte do Consello Económico e Social para dinamizar e revitalizar a institución
15.07.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) repróchalle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que sitúe «os intereses do partido por riba dos de Galicia» ao non renovar a Presidencia do Consello Económico e Social (CES). Case mes e medio despois de que Corina Porro anunciase que deixaría o cargo para asumir a Xestora do Partido Popular de Vigo, renuncia que formalizou a pasada semana, o ente consultivo mantense nunha situación de provisionalidade.

Bilbao acolle o VIII Galeuscat sindical

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participa en Bilbao no VIII Galeuscat sindical

  • O Galeuscat é un espazo de encontro entre as CCOO de Galicia, Cataluña e Euskadi
21.06.2019.

Unha representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participa o xoves e o venres desta semana nunha nova edición do Galeuscat sindical, que nesta ocasión organizan as CCOO de Euskadi. A delegación galega está integrada polo secretario xeral, Ramón Sarmiento, o secretario de Comunicación e Xuventude, Omar Ceveira, o secretario de Acción Sindical e Negociación Colectiva, Roi Fernández, a secretaria de Finanzas, Yolanda Martínez, e a secretaria de Servizos, Carmen Peteiro. A transición enerxética, os servizos á afiliación e o desenvolvemento organizativo son os eixes temáticos desta edición.

Valoración do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia das eleccións locais de 2019

Valoración do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia das eleccións locais de 2019

27.05.2019.

Desde o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia valoramos de forma positiva os resultados electorais no conxunto da comunidade pola alta participación —superior á da media do Estado—, pola activación política da maioría social e pola vitoria do voto da esquerda. Confórmase unha fronte política que en conxunto medra e avantaxa en máis de dez puntos as dereitas —lideradas claramente polo Partido Popular de Galicia—, nunha Galicia que responsablemente non dá opcións á dereita recentralizadora de Ciudadanos, nin representación ningunha á ultradereita neofascista.

17 de Maio, Día das Letras Galegas

17 de Maio de 2019, Día das Letras Galegas

15.05.2019.

​O 17 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao historiador e etnógrafo Antonio Fraguas Fraguas (Cotobade, 1905-Santiago de Compostela, 1999). Desde o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia aplaudimos a decisión da Real Academia Galega de homenaxear este ano unha figura de consenso que encarnou, coma poucos, os valores galeguistas.

Remate da manifestación de CCOO

Ramón Sarmiento: «A clase traballadora galega ten nas súas mans decidir o futuro»

  • Tras a manifestación, CCOO homenaxeou en Ferrol a Tensi Álvarez Folgar, Melchor Roel Rivas e Xan López Facal
11.03.2019.

A crise dos sectores industriais e a concentración de citas electorais marcaron este ano as reivindicacións do Día da Clase Obreira Galega. Ao remate da manifestación en Ferrol, o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, salientou que «a clase traballadora galega ten nas súas mans decidir o futuro», tanto para frear o auxe da extrema dereita como para favorecer aquelas opcións «que teñen as persoas no centro das súas decisións».

Un momento da reunión de Yolanda Díaz con representantes de CCOO

CCOO rexeita o ERTE anunciado por Bosch en Vigo e reúne apoios dos partidos políticos

25.02.2019.

Comisións Obreiras rexeita o expediente de regulación temporal de emprego (ERE) anunciado polo centro de chamadas Bosch para as súas instalacións de Vigo. O sindicato iniciou unha rolda de contactos cos diferentes partidos políticos para recabar o seu apoio. O primeiro dos encontros tivo lugar este luns con Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso.

De esq. a der., José M. Zapico, Ramón Sarmiento e Vicente Andrés

CCOO esixe investimentos para a inclusión do noroeste español na Rede Transeuropea de Transporte por Ferrocarril

  • Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela un foro reivindicado polo sindicato hai xa dous meses, para analizar as necesidades de infraestruturas e a planificación estratéxica de futuro
28.01.2019.

Dirixentes de Comisións Obreiras (CCOO) de Galicia, Asturias e Castela e León esixiron hoxe en Santiago de Compostela investimentos para a inclusión das tres comunidades do noroeste na Rede Transeuropea de Transporte por Ferrocarril. Así o expresaron no transcurso dun foro que, precisamente, xorde dunha petición formulada polo sindicato hai dous meses na vila berciana de Ponferrada.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: