Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

xoves 27 de setembro de 2018

CCOO considera que o novo Goberno da Xunta é «máis do mesmo» malia o cambio de caras

  • O sindicato coida que Feijóo «perdeu unha oportunidade» de acometer cambios de envergadura e lamenta que Traballo continúe sen ter consellaría de seu

Ante a remodelación do Goberno da Xunta, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia considera que o presidente Feijóo propón «máis do mesmo». O sindicato apunta, ademais, que para acometer os retos do país non abonda con cambios de caras, «que neste caso son mínimos», senón que se necesitan cambios de políticas.

Novo equipo de Feijóo na Xunta / Fonte: xunta.gal

Novo equipo de Feijóo na Xunta / Fonte: xunta.gal

Os cambios producíronse nos departamentos de Política Social e Medio Ambiente, cuxos anteriores titulares se encamiñan á vida política municipal. Para CCOO, os últimos dous anos nestes departamentos caracterizáronse pola parálise.

No caso da consellaría que dirixía Rey Varela, a nota dominante foi tamén a falta de diálogo cos axentes sociais. Por exemplo, un organismo de participación institucional como o Consello Galego de Benestar só se reuniu tres veces nos últimos anos, xuntanzas nas que ditaminaron unicamente doce dos centos de normas aprobadas polo departamento autonómico.

Canto á estrutura orgánida da Xunta, a principal novidade é que Cultura recupera consellaría propia. Corrixe así Feijóo unha fusión de carteiras que CCOO xa criticara no seu momento.

«Oportunidade perdida»

Polo demais, «ningunha mudanza destacable» para CCOO, que insta o presidente da Xunta a aproveitar esta remodelación para «revisar as súas políticas ou, máis ben, a falta delas, como nos ámbitos de emprego ou industria».

Por esta razón, CCOO considera que se «perdeu unha oportunidade» de aplicar cambios de maior envergadura. «A arquitectura dun Goberno envía unha mensaxe e indica ben cales son as prioridades». Neste sentido, o sindicato lamenta que a nova Xunta non recupere a Consellaría de Traballo, «especialmente vendo a tendencia do mercado laboral».


 

CCOO considera que o novo Goberno da Xunta é «máis do mesmo» malia o cambio de caras

xoves 27 de setembro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros