luns 9 de decembro de 2019
Galicia sae á rúa en solidariedade con Bolivia e a democracia
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) implicouse nas concentracións que houbo este xoves, 21 de novembro, en apoio ao pobo boliviano. O sindicato insiste en que o acontecido en Bolivia responde á definición de golpe de Estado, xa que o presidente lexítimo, Evo Morales, foi forzado polas forzas armadas a deixar o poder. Ao tempo, vulneráronse as normas legais para a sucesión, todo no medio dunha espiral de violencia e represión armada de calquera tipo de protesta.
A Comissió Obrera Nacional de Catalunya, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia e a Confederación Sindical de CCOO de Euskadi mantivemos un encontro en Bilbao os días 20 e 21 de xuño, no marco dunha relación que se remonta ao ano 1992, data en que se constituíu o Galeuscat de CCOO.
CCOO colabora unha vez máis con Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio
Entre o 20 e o 22 de xuño ten lugar na Coruña a terceira edición de Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio. Trátase dunha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social. Como nas anteriores edicións, en Acampa 2019 colabora Comisións Obreiras a través da Unión Comarcal coruñesa.
Os sindicatos galegos e portugueses esixen «máis emprego, máis estable e con máis salario»
O Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal organizou o martes en Vigo un encontro do sector industrial para analizar as condicións de traballo e o impacto das reformas laborais na metalurxia, o téxtil e a industria agroalimentaria. Nesta xornada participaron case oitenta persoas, pertencentes aos sindicatos galegos Comisións Obreiras e UGT e aos portugueses CGTP-IN e UGT-P.
Un ano máis, o 7 de outubro celébrase a Xornada Mundial polo Traballo Decente. Nesta undécima edición será baixo o lema «Cambiar as regras» para garantir salarios dignos para todas e todos, emprego estable e con dereitos, igualdade e cláusulas sociais na contratación pública.
A Rede Galega en Apoio ás Persoas refuxiadas denuncia os incumprimentos do Estado español
A Rede Galega en Apoio ás Persoas refuxiadas alerta de que o vindeiro 26 de setembro expira o prazo de dous anos nos que Estado español se comprometía a acoller 17.337 persoas que precisaban asilo internacional. Cando faltan poucos días, o Estado español unicamente deu refuxio a pouco máis do 11 %, concretamente 1983.
CCOO colabora con «Acampa pola paz e o dereito a refuxio»
Durante catro días, ducias de entidades sociais, empresas e institucións colaborarán na Coruña con «Acampa pola paz e o dereito a refuxio». Comisións Obreiras, a través da Unión Comarcal da Coruña, é unha destas entidades.
CCOO súmase á concentración convocada para o luns 13 en apoio dos activistas saharauís
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia solidarízase cos activistas saharauís do grupo Gdeim Izik que serán xulgados o vindeiro luns, día 13 de marzo, e pide a súa inmediata liberación. Unha delegación de CCOO participará na concentración que se convocará para ese día, ás 12 h, fronte ao museo MARCO, en Vigo.
CCOO apoia a concentración do 28 de xullo en solidariedade co pobo saharauí
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia apoia a concentración convocada para o vindeiro 28 de xullo en solidariedade ao pobo saharauí. Será ás 11 horas na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participa en Bilbao no VIII Galeuscat sindical
Unha representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participa o xoves e o venres desta semana nunha nova edición do Galeuscat sindical, que nesta ocasión organizan as CCOO de Euskadi. A delegación galega está integrada polo secretario xeral, Ramón Sarmiento, o secretario de Comunicación e Xuventude, Omar Ceveira, o secretario de Acción Sindical e Negociación Colectiva, Roi Fernández, a secretaria de Finanzas, Yolanda Martínez, e a secretaria de Servizos, Carmen Peteiro. A transición enerxética, os servizos á afiliación e o desenvolvemento organizativo son os eixes temáticos desta edición.
CCOO de Galicia cede ao sindicato portugués CGTP-IN a presidencia do CSIr
Na asemblea xeral que tivo lugar o xoves, 21 de febreiro, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia cedeulle ao sindicato portugués CGTP-IN a presidencia rotatoria do Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal. Deste xeito, Joaquim Daniel Rodrigues remuda a Ramón Sarmiento á fronte do organismo, do que tamén forman parte UGT-Galicia e UGT-Portugal.
Vigo acolle mañá martes, 23 de outubro, un encontro sobre o sector industrial organizado polo Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal. Máis de oitenta representantes sindicais de Galicia e Portugal analizarán no IFEVI as condicións de traballo e o impacto das reformas laborais nos sectores metalúrxico, téxtil e agroalimentario.
CCOO asina o manifesto pola subsistencia do Centro Galego de Bos Aires
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia asinou o manifesto pola subsistencia do Centro Galego de Bos Aires, entidade emblemática da emigración galega.
CCOO participou na concentración a prol da liberdade dos presos políticos saharauís
A Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO participou hoxe na concentración convocada en Santiago de Compostela para esixir a liberdade dos presos políticos saharuís.
CCOO denuncia os actos de intolerancia e discriminación contra as persoas refuxiadas e migrantes
Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, que se conmemora hoxe, CCOO denuncia os actos de intolerancia e discriminación contra as persoas refuxiadas e migrantes. O sindicato defende que esta data é «unha oportunidade» para renovar o compromiso de construír un mundo de xustiza e igualdade, no que non existan discriminacións por xenofobia nin intolerancia racial. Con todo, o racismo e a intolerancia aumentan en todo o mundo, mesmo en Europa.
X
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.