Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#árúa19F

luns 16 de xaneiro de 2017

CCOO asume a presidencia do CSIr Galicia-Norte de Portugal

O secretario xeral de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, asumiu o pasado venres, día 13, a presidencia do Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal. Substitúe nesta responsabilidade o sindicalista portugués Osvaldo Pinho, da UGT-P, quen presentou perante a asemblea xeral do organismo o balance de actividades do último bienio.

Á esquerda, Xosé M. Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO e novo presidente do CSIr

Á esquerda, Xosé M. Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO e novo presidente do CSIr

Con este nomeamento, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia regresa á presidencia do ente interrexional, que xa desempeñara xa no período 2009-2011. O labor de CCOO á fronte do CSIr prolongarase ata o ano 2019, data en que outra organización asumirá este cometido.

O CSIr Galicia-Norte de Portugal está formado polos sindicatos CCOO e UGT de Galicia e, da banda portuguesa, a CGTP-IN e a UGT-P.

CCOO asume a presidencia do CSIr Galicia-Norte de Portugal

luns 16 de xaneiro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia