Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!
A medida sería prexudicial para a protección da saúde en sectores como o da lousa

CCOO critica a «desprotección para a saúde» que supón modificar a normativa sobre os axentes canceríxenos e mutáxenos

  • O proxecto tería un «grave impacto na saúde» das traballadoras e traballadores de sectores como o da lousa e o granito, xa que aumentaría o limiar dos límites tolerables de exposición ao po de sílice
11.10.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) critica a «desprotección para a saúde da clase traballadora» que supón modificar a normativa que regula os axentes canceríxenos e mutáxenos. O sindicato alerta de que incrementar o limiar dos límites tolerables de exposición a varios axentes «nocivos» implicaría un «grave impacto na saúde» das traballadoras e traballadores. En Galicia tería gran repercusión en sectores como os da lousa e o granito, xa que se permitiría unha maior exposición ao po de sílice.

Cartel informativo

CCOO organiza en Ferrol unha xornada sobre o amianto

04.10.2019.

Este venres desenvólvese na sede comarcal de CCOO de Ferrol unha xornada sobre o amianto, que constitúe unha grave problemática, endémica nesta comarca. O amianto, tamén chamado asbesto, é un material canceríxeno que se usou durante décadas, ata a súa prohibición a finais do 2001. O seu emprego foi moi intensivo especialmente na construción naval, pero aínda hoxe está presente en tubaxes, illamentos ou teitos, entre moitos outros usos.

Na imaxe, un dos buratos | Foto: sección sindical de CCOO no CHUO

CCOO alerta de deficiencias na UCI coronaria do Hospital de Ourense

16.07.2019.

A sección sindical de CCOO-Sanidade da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco denunciou perante a Inspección de Traballo a situación da unidade de coidados intensivos coronarios do hospital ourensán (CHUO). Segundo o sindicato, o estado da dita unidade é un risco tanto para doentes como traballadoras e traballadores.

A xornada organízana conxuntamente as CCOO de Galicia e Asturias

As CCOO de Galicia e Asturias organizan unha xornada sobre riscos psicosociais

18.06.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e CCOO de Asturias organizan hoxe en Oviedo unha xornada conxunta sobre a prevención de riscos psicosociais. O obxectivo é axudar a visualizar como afrontar e solucionar esta problemática nas empresas e avanzar na mellora da calidade do emprego. A xornada encádrase na acción AT2018/0039 que se está a realizar coa Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais.

Na fotografía, exemplar de Sarcoptes scabiei, parasito que causa a sarna

CCOO denuncia o desleixo da mutua e o «descontrol» ante un brote de sarna nunha residencia de maiores de Santiago

  • O sindicato critica que non se aplicou con celeridade o protocolo de illamento cando se diagnosticou o primeiro caso e que as traballadoras deben pagar o custo do tratamento profiláctico das súas familias
16.05.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia o desleixo da mutua ante un brote de sarna na residencia de maiores Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, así como o «descontrol» á hora de aplicar o protocolo de prevención. Segundo o sindicato, en canto se diagnosticou o primeiro caso non se illou decontado a persoa afectada, polo que a día de hoxe hai xa oito casos, e non se descarta que a cifra aumente.

CCOO leva meses denunciando o mal estado do complexo hospitalario

CCOO denuncia o «abandono» da unidade de Psiquiatría do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo

  • Nos últimos días rexistrouse a caída de novos elementos pola falta de mantemento do complexo hospitalario
08.04.2019.

A Federación de Sanidade de CCOO leva anos denunciando a situación de «abandono» da unidade de hospitalización breve de Psiquiatría do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo, en Santiago de Compostela. Segundo o sindicato, en abril de 2019 continúan as mesmas eivas que se lle expuxeron por escrito á Xerencia da área sanitaria no ano 2017: carencia de recursos, mobilidade do persoal, non cobertura das ausencias, necesidade de cámaras de vixilancia ou deficiencias estruturais.

Novo desprendemento parcial dun teito no Gil Casares

CCOO denuncia un novo derrubamento no Gil Casares e esixe investir no seu mantemento para «non lamentar unha desgraza»

  • Segundo o sindicato, «afortunadamente» non houbo danos persoais, malia que nese momento había xente traballando na zona sinistrada
25.10.2018.

A sección sindical de CCOO-Sanidade no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS) denuncia un novo derrubamento no Hospital Gil Casares. Coma en anteriores ocasións, «afortunadamente» non houbo danos persoais, malia que nese momento había xente traballando na zona sinistrada. O sindicato esixe investir no mantemento do centro hospitalario mentres estea funcionando, «se non queremos que algún día haxa que lamentar unha desgraza».

O Concello de Ourense iniicará obras para corrixir a exposición do persoal municipal ao radón

25.09.2018.

CCOO celebra o traballo realizado pola súa sección sindical no Concello de Ourense. Grazas a este labor, o Goberno local iniciará proximamente as obras para minorar a exposición do persoal ao radón, un gas canceríxeno. Culminan meses de intenso traballo sindical, iniciado o pasado 19 de xaneiro, en defensa da saúde laboral das traballadoras e traballadores municipais.

Instalacións da papeleira de Brandía, en Santiago de Compostela

CCOO lamenta o falecemento dun traballador nunha fábrica de papel en Santiago de Compostela

  • O sindicato insta a «extremar as precaucións» e a «non escatimar» medidas de prevención
09.10.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia traslada as súas condolencias a familiares, compañeiros e compañeiras e amizades do traballador que esta madrugada perdeu a vida nun accidente laboral nas instalacións de Papelera de Brandía, en Santiago de Compostela. Segundo as informacións que se coñecen ata o momento, o operario perdeu a vida ao ficar atrapado por unha máquina.

O sector da lousa é o máis importante en Valdeorras | Foto: lppicture (Pixabay)

CCOO reuniuse coa Xunta para reivindicar unha unidade de pneumoloxía no Hospital Comarcal de Valdeorras

  • Isto permitiría que os doentes accedesen ao servizo sen necesidade de percorrer máis de cen quilómetros ata o Hospital de Ourense
18.07.2019.

O mércores 17 de xullo, representantes de Comisións Obreiras reuníronse co director xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta de Galicia, Jorge Aboal Viñas, para solicitar unha área de pneumoloxía no Hospital Comarcal de Valdeorras. Tamén lle entregaron un dosier sobre os casos de silicose detectados nos últimos anos, así como un informe do Instituto Nacional da Silicose.

CCOO inicia o mércores en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas

CCOO inicia o mércores en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas

  • O mércores 3 de xullo, de 12 a 13 horas, concentración diante de MC Mutual
02.07.2019.

A Federación de Industria de CCOO inicia en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas. O sindicato vai desenvolver nas próximas datas, coa visualización de todas as eivas detectadas, unha serie de mobilizacións. O primeiro paso será o mércores, 3 de xullo, coa concentración que terá lugar entre as 12 e as 13 horas diante de MC Mutual (avenida da Paz n.º 33, Ferrol).

Novo desprendemento do teito deste centro hospitalario

Novo desprendemento no teito do hospital compostelán Gil Casares

  • Son múltiples as denuncias de CCOO polo mal estado de conservación do centro sanitario
03.06.2019.

A sección sindical de CCOO no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela informa dun novo desprendemento no teito do Hospital Gil Casares. O suceso tivo lugar a mañá do pasado venres, cando unha filtración de auga provocou a caída de parte do teito e a inundación dun corredor.

Roi Fernández e Silvia Parga, na presentación deste estudo

Galicia é a comunidade autónoma con maior incidencia dos accidentes mortais, salienta un estudo de CCOO

  • Comisións chama a derrogar a reforma laboral, xa que a precariedade está asociada aos accidentes de traballo: o 21 % dos accidentes con baixa sufríronos persoas cunha antigüidade inferior a tres meses
22.04.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentou este luns un estudo sobre os accidentes de traballo e enfermidades profesionais na comunidade autónoma. Entre os principais datos presentados destaca que Galicia duplica o índice de sinistralidade laboral mortal do Estado. Concretamente, segundo estatísticas oficiais, Galicia rexistrou un índice de incidencia de 6,05 accidentes mortais por cada cen mil traballadores/as, mentres que a proporción acadada na media do Estado foi do 3,24. Na clasificación por comunidades, obviando as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, Galicia é a que ten o maior índice de accidentes mortais.

Cartel anunciando a xornada

CCOO organiza en Vigo unha xornada para divulgar a problemática do amianto

  • Intervirán especialistas de diferentes ámbitos, así como representantes sindicais, da política e persoas afectadas pola exposición ao asbesto
07.11.2018.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia organiza este xoves en Vigo unha xornada sobre o amianto. O obxectivo é dar a coñecer os riscos deste material canceríxeno sobre a saúde das persoas. Malia o seu uso masivo durante décadas, hai poucos datos sobre o alcance real da problemática na comarca de Vigo.

Concentración fronte á empresa

Concentración en Arteixo para apoiar o compañeiro despedido por Pescanova

02.10.2018.

A Federación de Industria de CCOO convocou hoxe unha concentración en Arteixo para apoiar o compañeiro despedido meses atrás pola antiga Bamajar Séptima, empresa do grupo Nueva Pescanova. O sindicato denuncia que este traballador perdeu o posto de traballo tras unha modificación «á carta» dun informe médico. Precisamente, p próximo venres, día 5 de outubro, está fixado o xuízo, no que están acusadas tanto Pescanova como a empresa en que subcontratou o servizo de prevención.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros