Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus
O 38,04% de casos activos de COVID-19 sen entre persoal da sanidade pública

CCOO-Sanidade esíxelle ao Sergas un estudo sobre as causas da alta incidencia da COVID-19 entre o persoal sanitario

  • Case catro de cada dez casos activos de coronavirus están relacionados con traballadoras e traballadores da sanidade pública
25.05.2020.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esíxelle ao Sergas un estudo sobre as causas da alta incidencia de COVID-19 entre o persoal da sanidade pública. Ao tempo que os datos de contaxios na poboación xeral amosan unha tendencia decrecente, aumentan cando se trata de traballadores e traballadoras da saúde, alerta o sindicato. «Dous meses e medio despois da declaración do estado de alarma, o Sergas debe explicar por que os profesionais deste ámbito se contaxian a un ritmo maior ca o resto», apuntan desde o sindicato.

Galicia sitúase á cabeza da sinistralidade laboral malia o estado de alarma, denuncia CCOO

Galicia sitúase á cabeza da sinistralidade laboral malia o estado de alarma, denuncia CCOO

  • Malia que a comunidade autónoma ten aproximadamente o 5,3 % da poboación traballadora de todo o Estado, rexistra o 9,72 % dos sinistros laborais con resultado de morte
14.05.2020.

Segundo o avance dos datos de sinistralidade do primeiro trimestre publicados polo Ministerio de Traballo, a tendencia continúa sendo a mesma que denunciaba CCOO o pasado 28 de abril, con motivo do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo.

Educación non distribuirá entre o persoal equipamentos de protección como as máscaras

A Consellaría de Educación abandona o persoal á súa sorte no comezo da desescalada

08.05.2020.

A partir do día 11 de maio restablécese o prazo do procedemento de admisión do alumnado e organizarase a tramitación das axudas e préstamos de libros de texto. Para isto, a Consellaría de Educación decide incrementar a presenza de traballadoras e traballadores nos centros educativos, facendo que coincidan no recinto escolar o persoal docente e non docente da Consellaría coas familias que acudan a formalizar a matrícula e xestionar os préstamos dos libros.

A Inspección de Traballo constata a falta de equipos de protección no CAPD da Coruña e faille un novo requirimento a Política Social

  • A dirección do Centro de Atención a Persoas Dependentes negoulle os EPI necesarios ao seu persoal, denuncia CCOO
28.04.2020.

A raíz da denuncia presentada por CCOO o pasado 14 de abril, a Inspección de Traballo faille un novo requirimento á Consellaría de Política Social pola situación no Centro de Atención a Persoas Dependentes (CAPD) da Coruña. A autoridade laboral considera que a dirección do centro incumpriu a obriga de posta a disposición dos equipos de protección individual (EPI), tal como lle obrigaba o protocolo de avaliación de riscos, deixando desprotexido a maioría do persoal.

#28AbrilStopCOVID19

28 de Abril 2020, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

  • A epidemia de COVID-19 revela a debilidade da prevención de riscos laborais en España
21.04.2020.

A finais dos anos oitenta do pasado século, os sindicatos estadounidenses elixiron o 28 de Abril como día para honrar a memoria das persoas vítimas de accidentes de traballo ou de enfermidades de orixe laboral. Co paso dos anos, esta data de lembranza estendeuse ao conxunto do movemento sindical internacional.

CCOO denuncia que a Xunta non lle facilita ao persoal nin equipamentos de protección nin os test PCR

CCOO denunciará a denegación de protección esencial para o persoal da residencia integrada de Baños de Molgas

  • CCOO cualifica de «irresponsable e temeraria» a decisión da Consellaría de Política Social de non facilitar material de protección nin realizar os test PCR unha vez rematada a súa quenda de traballo
15.04.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) denunciará a decisión «irresponsable e temeraria» da Consellaría de Política Social ao negarlle material de protección esencial ás traballadoras e traballadores da residencia integrada de Baños de Molgas, na provincia de Ourense. O sindicato tamén critica que, ao remate da quenda de traballo, ao persoal non se lle realicen as probas de proteína C reactiva, coñecidas como test PCR, que permiten a detección do coronavirus.

CCOO afirma que a liberdade de horarios decretada pola Xunta de Galicia «vai en contra da saúde»

CCOO-Servizos alerta de que a liberdade de horarios decretada pola Xunta de Galicia «vai en contra da saúde»

  • O sindicato coida que a medida promove a «competencia desleal» entre formatos comerciais nun momento en que non debe primar o negocio
24.03.2020.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia remitiulles un escrito tanto á Presidencia da Xunta como á Consellaría de Sanidade e á de Economía, Emprego e Industria, cualificando de «inapropiada e inadecuada» a resolución sobre liberdade de horarios de establecementos de primeira necesidade, recollida no DOG do pasado 15 de marzo. Así mesmo, o sindicato alerta de que esta medida «vai en contra da saúde».

CCOO pide a extensión dos equipamentos de protección a todo o persoal

CCOO insta a Xunta a tomar medidas para evitar o «colapso inminente» dos servizos de axuda a domicilio

  • O sindicato rexistrou un escrito dirixido á Administración autonómica esixindo a extensión dos equipamentos de protección individual
17.03.2020.

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia insta a Xunta a tomar medidas para evitar o «colapso inminente» dos servizos de axuda a domicilio. Para o sindicato, a falta de previsión, sumada á «hbitual ausencia de dinámicas preventivas», deixan o sector nunha situación complicada.

Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura

CCOO e UGT reprochan que Cultura e Turismo actúa con «irresponsabilidade» na reincorporación do persoal de bibliotecas, arquivos e museos

  • Ambos os dous sindicatos presentarán unha denuncia na Inspección de Traballo polos reiterados incumprimentos desta Consellaría
18.05.2020.

CCOO e UGT presentarán unha denuncia ante a Inspección de Traballo polos reiterados incumprimentos da Consellaría en materia de prevención de riscos, co obxecto de garantir a saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras dos arquivos, bibliotecas e museos

Representación dunha molécula de ozono

CCOO advirte de que a desinfección ambiental con ozono non é un procedemento avalado polas autoridades sanitarias

  • O sindicato considera máis eficaz actuar preventivamente polas diferentes vías que poden ocasionar un contaxio de COVID-19
08.05.2020.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia advirte de que a desinfección ambiental con ozono non é un procedemento avalado polas autoridades sanitarias. Os produtos desinfectantes autorizados e rexistrados en España, con eficacia demostrada fronte a este coronavirus, aparecen nas listaxes publicadas polo Ministerio de Sanidade. Pero non é o caso deste gas, sinalan desde a Secretaría de Saúde Laboral de CCOO e o seu Gabinete de Saúde Laboral.

Roi Fernández, secretario de Saúde Laboral de CCOO

Cómpre un cambio na cultura preventiva

28.04.2020.

Hoxe é o Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo. Por desgraza, malia todo o que está a ocorrer por culpa da pandemia do COVID-19, as reivindicacións non distan moito das que levamos facendo hai tempo. A necesidade de cambiar a cultura preventiva xa era evidente ao analizar os datos de sinistralidade dos últimos anos, tanto polo número de accidentes laborais, que amosaban ás claras que algo estaba fallando, como pola falta de solucións para unha situación tan grave como o escaso recoñecemento de enfermidades profesionais.

De esq. a der., Roi Fernández e Ramón Sarmiento

Ramón Sarmiento: «O que máis vos protexe no voso centro de traballo é o voso sindicato»

  • CCOO presentou un informe sobre a sinistralidade laboral en Galicia e as reivindicacións con motivo do Día Internacional da Seguridade no Traballo e do Primeiro de Maio
24.04.2020.

Coa vista posta no 28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia presentou esta mañá un informe coa análise da sinistralidade do ano precedente. Segundo o secretario de Saúde Laboral do sindicato, Roi Fernández, «a realidade que nos toca vivir dános a razón: é necesario investir en prevención de riscos». Canda el compareceu o secretario xeral, Ramón Sarmiento, quen, amais de insistir na importancia da prevención, expuxo as principais reivindicacións con motivo do Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo.

Tellas de uralita, fabricadas con amianto | Foto: baseada en PhotoLanda (Flickr)

CCOO alerta dos «riscos invisibles» para a saúde pública e pide fomentar a cultura da prevención

  • O sindicato pide a implicación das Administracións para solucionar problemáticas como a do amianto
17.04.2020.

A finais deste mes, o día 28, conmemórase o Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo. Co gallo desta efeméride, CCOO alerta dos «riscos invisibles» para a saúde pública e pide fomentar a cultura da prevención, coa ollada posta de xeito especial nas enfermidades de orixe laboral, en moitos casos incorrectamente catalogadas como patoloxías comúns.

Toda actividade insegura debe parar

Toda actividade insegura debe parar

26.03.2020.

​Desde o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia esiximos o cumprimento das medidas de protección colectiva no conxunto de sectores esenciais e non esenciais. Todas as traballadoras e traballadores deben estar protexidos colectivamente, provistos dos EPI axeitados e informados do protocolo específico da súa empresa. Non é unha cuestión de prevención de riscos laborais, é unha emerxencia de protección a toda a poboación. Toda actividade insegura debe parar.

CCOO esixe medidas preventivas nos centros de chamadas de Bosch e Unísono en Vigo

CCOO insta a Bosch e Unísono a garantiren a seguridade e saúde laboral nos seus centros de Vigo

  • As empresas están a traballar sen aplicar medidas especiais ante o COVID-19, polo que o sindicato puxo os feitos en coñecemento da Inspección de Traballo
17.03.2020.

A Federación de Servizos de CCOO dirixiuse ás empresas Bosch e Unísono para esixirlles medidas que garantan a seguridade e saúde laboral nos seus centros de traballo de Vigo. Nestas empresas, un numeroso cadro de persoal comparte espazos moi próximos, sen que se tomaran medidas especiais para previr un contaxio por coronavirus COVID-19. Por esta razón, o sindicato puxo os feitos en coñecemento da Inspección de Traballo.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: