Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

luns 12 de marzo de 2018

CCOO denuncia o Concello e Ourense perante a Inspección de Traballo por non facilitar documentación relativa ao radón

Comisións Obreiras (CCOO) denunciou este luns o Concello de Ourense perante a Inspección de Traballo por non facilitar documentación relativa aos niveis de gas radón nas dependencias municipais. O sindicato pediu formalmente tanto información como medicións o pasado 31 de xaneiro, sen que o Goberno local dese resposta.

CCOO informa de que no Estado español está vixente a instrución IS-33,21/12/2011 do Consello de Seguridade Nuclear estatal e, por outro, a Directiva 2013/59/Euratom —máis restritiva—, que debería estar xa trasposta á normativa española desde o pasado 8 de febreiro, pero que de momento non o está.

A normativa española considera necesario intervir cuns niveis de radón a partir dos 600 becquerelios por metro cúbico, o dobre do limiar que marcaría a trasposición da directiva europea.

Mentres non se produza unha transposición que CCOO considera «urxente», o sindicato coida que debe ser de aplicación o previsto na Lei 31/95, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Por esta razón, o sindicato presentou a denuncia na Inspección, para poder coñecer a documentación que obra en poder das autoridades.

Representantes de CCOO no Concello, mediante unha observación «provisional e precaria», puideron constatar niveis de radón «especialmente altos» nalgúns momentos e nalgunhas dependencias municipais.

Malia que o radón non é un produto xerado pola actividade do Concello, CCOO lembra que o Goberno local ten a responsabilidade legal de velar pola seguridade e a saúde do persoal. Por este motivo, esixe que comunique «urxentemente» as medidas que se están a implementar para evitar a exposición a este gas.

CCOO denuncia o Concello e Ourense perante a Inspección de Traballo por non facilitar documentación relativa ao radón

luns 12 de marzo de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia