Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 29 de novembro de 2019

CCOO denuncia o «lamentable» estado do centro de saúde de Vilanova de Arousa

  • O sindicato chama a atención sobre as inundacións e a progresiva deterioración das instalacións

A Federación de Sanidade de CCOO denuncia o «lamentable» estado do centro de saúde de Vilanova de Arousa. O sindicato, que documenta fotograficamente a súa queixa, chama a atención sobre as inundacións e a progresiva deterioración das instalacións.

Na fotografía pódense apreciar as humidades e a placa retirada do falso teito

Na fotografía pódense apreciar as humidades e a placa retirada do falso teito

CCOO sinala as grandes filtracións de auga que provocaron curtocircuítos no sistema eléctrico en plena consulta médica —situada na primeira planta do edificio—, que puido supor un «considerable risco» de explosión e incendio.

A dita consulta permanece desde entón coa porta aberta polo «penetrante cheiro a queimado», que se detecta nada máis aproximarse. Tamén se retirou unha parte do falso teito onde se produciu a pingueira.

A humidade vén do piso superior, baixa pola xanela e percorre teitos e paredes cara á planta inferior. Esta situación, que se mantén desde hai anos, é «inaceptable» tanto para as traballadoras e traballadores como para as persoas usuarias do centro.

Problemas co ascensor

Por outra banda, o ascensor do centro «non cumpre coas normas mínimas de seguridade», afirman desde Comisións Obreiras. Cando a porta abre, o chan non está á mesma altura, «senón que hai que salvar un chanzo». Ademais, o habitáculo ten pouca iluminación, o que xa ocasionou varios incidentes en persoas usuarias con problemas de mobilidade.

As Administracións desenténdense

Segundo CCOO, tanto o persoal do centro como as usuarias e usuarios ven con preocupación a progresiva deterioración do centro de saúde, «sen que Concello ou o Sergas fagan unha necesaria actuación urxente sobre este problema». O sindicato lembra que o pasado 3 de maio se anunciou publicamente que ambas as dúas Administracións asinaban un convenio por máis de 40 000 euros para acometer melloras, «pero polo de agora non soubemos máis nada, só que se desentenden dos problemas».

CCOO denuncia o «lamentable» estado do centro de saúde de Vilanova de Arousa

venres 29 de novembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros