Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

venres 19 de xuño de 2020

CCOO lamenta un mes de xuño «fatídico» que «tinguiu de loito» o mercado laboral galego

  • Os principais sindicatos xa solicitaron o xoves a convocatoria do Consello Galego de Seguridade e Saúde no Traballo para analizar a situación

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta un mes de xuño «fatídico» que «tinguiu de loito» o mercado laboral galego. O secretario de Saúde Laboral, Roi Fernández, explica que, no que vai de mes, polo menos seis traballadores e traballadoras perderon a vida nos seus postos de traballo. O último sinistro mortal produciuse onte mesmo nun polígono industrial do Porriño (Pontevedra).

A última vítima era un traballador de Quicelco, no polígono da Granxa (O Porriño)

A última vítima era un traballador de Quicelco, no polígono da Granxa (O Porriño)

Ante o «goteo incesante» de accidentes laborais —sobre todo dos graves e dos mortais— no que vai de ano, e especialmente este mes de xuño, Comisións Obreiras, xunto cos sindicatos UGT e CIG, solicitou a convocatoria do Consello Galego de Seguridade e Saúde no Traballo.

Roi Fernández entende que é o órgano axeitado para tratar esta problemática, pois nel están representadas todas as organizacións e institucións relevantes na materia: Instituto Galego de Seguridade e Saúde (ISSGA), Inspección de Traballo, Xunta de Galicia e axentes sociais.

En opinión do secretario de Saúde Laboral de CCOO, «cómpre analizar cales son as causas que están provocando a alta sinistralidade que se rexistra no noso país» e tamén dirimir «se poden ter algunha relación coa incorporación de novos protocolos pola COVID-19 que non teñan en conta as avaliacións de riscos xerais dos postos de traballo».

CCOO e os demais sindicatos consideran necesario «marcar unha estratexia» no seo do Consello e elaborar un plan de actuación procurando medidas correctoras «que nos permitan avanzar na prevención de riscos laborais».

CCOO lamenta un mes de xuño «fatídico» que «tinguiu de loito» o mercado laboral galego

venres 19 de xuño de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas