Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

22.10.2011. [Gabinete de Saúde Laboral]

Relatorios das xornadas sobre mutuas organizadas por CCOO

[Preme na ligazón do título para consultar a información contida neste apartado]

30.11.2010. [Secretaría de Saúde Laboral]

As mutuas incumpren a resolución que as obriga a lles pagar aos traballadores os gastos de transporte en caso control médico

A circular da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social do Ministerio de Traballo que algunhas mutuas se negan a cumprir na súa integridade, foi asinada o 20 de outubro tras unha reclamación de CCOO, e obriga a aboar os gastos de transporte dos traballadores con baixa por enfermidade común cando son requiridos por estas entidades para lles realizar exames ou valoracións médicas, antes de esgotar o período de duración máxima de doce meses da situación de incapacidade temporal.

26.10.2010.

As mutuas deben pagar os desprazamentos por continxencias comúns (circular)

Circular do 20 de outubro de 2010 da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, pola que se precisa a do 4 de xuño de 2010, sobre a aplicación da resolución do 21 de outubro de 2009, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se ditan instrucións para a compensación dos gastos de transporte nos casos de asistencia sanitaria derivada de riscos profesionais e de comparecencias para a realización de exames ou valoracións médicas.