luns 9 de decembro de 2019
3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Cada 3 de decembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A propósito deste día, CCOO, como axente central das relacións laborais e do mercado de traballo que representa a todos os traballadores e traballadoras, teñan ou non discapacidade, chama a atención sobre a situación en que se atopan miles de persoas en Galicia: a taxa de actividade laboral das persoas con discapacidade é do 28,2 %, mentres que a da poboación xeral é do 73,2 %, e a taxa de paro das persoas con discapacidade é maior en case 14 puntos.
CCOO alerta de que máis de medio millón de galegos e galegas viven por baixo do limiar da pobreza
Coincidindo coa conmemoración, mañá xoves, do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, Comisións Obreiras (CCOO) fai público un estudo en que fican patentes as «alarmantes» cotas de pobreza no noso país, que afecta a máis de medio millón de persoas en Galicia. Ao tempo, o sindicato fai propostas e esixe a posta en marcha de medidas efectivas que consigan reverter os seus efectos na poboación que a sofre.
O próximo 7 de outubro conmemórase a décimo segunda Xornada Mundial polo Traballo Decente (XMTD). Co gallo desta efeméride, Comisións Obreiras (CCOO) pide investir no sector dos coidados. Segundo a Organización Internacional do Traballo (OIT), no ano 2018 había dez millóns de persoas en España necesitadas de coidados e, nese mesmo ano, dedicáronse 130 millóns de horas diarias a realizar traballo de coidados non remunerado, tempo equivalente a 16 millóns de persoas traballando oito horas ao día e o 15 % do produto interior bruto (PIB).
Balance dependencia 2018: a listaxe de espera do SAAD é do 11,5 %
A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO fai público o balance 2018 do sistema de atención á dependencia (SAAD) en Galicia. A principal conclusión deste estudo é que a listaxe de espera no sistema é do 11,5%. Noutras palabras, 7804 persoas dependentes teñen recoñecido o dereito a ser atendidas, pero aínda están pendentes da determinación da prestación efectiva.
Cotizacións á seguridade social das coidadoras non profesionais no ámbito familiar
O Real decreto lei 8/2019 establece que, desde o 1 de abril de 2019, o Estado volva facerse cargo das cotizacións á Seguridade Social dos convenios especiais das coidadoras non profesionais de persoas dependentes, que se suprimiran no 2012.
Novidades en materia de Seguridade Social do 2019
Xuntamos a esta nota informativa dous documentos resumindo as principais novidades en materia de Seguridade Social para 2019, recollidas no Real decreto lei 28/2018, de 28 de decembro.
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) pídelle á Xunta modificar a Lei de inclusión de Galicia para que cumpra os obxectivos cos que foi deseñada. Así mesmo, pide cambios na renda de inserción social (RISGA) para aumentar o número de persoas que poidan percibir esta prestación. Así o fixo constar CCOO na xuntanza deste martes do Consello Galego de Benestar Social.
CCOO esixe emprego digno para todas as persoas, sexan cales foren as súas capacidades
No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se conmemora este luns, 3 de decembro, CCOO reclama emprego digno para todas as persoas, independentemente das súas capacidades. Ao tempo, chama a atención sobre a «especial vulnerabilidade» das traballadoras e traballadores con discapacidade no mercado laboral, que teñen maiores dificultades para atopar emprego e sofren en maior medida a precariedade. No caso das mulleres con discapacidade, a esta precariedade súmase a discriminación por razón de xénero.
CCOO alerta de que a renuncia de Sacyr deixa na «máis absoluta incerteza» a prestación do servizo de atención a domicilio de Ourense. A aínda concesionaria manifestou a vontade de abandonar a prestación a partir do 30 de novembro. A empresa asegura que o Concello lle debe case 1,2 millóns de euros.
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha declaración institucional, promovida por CCOO e UGT, en defensa do sistema público de pensións. A proposta dirixiuse o martes á Cámara autonómica após os contactos mantidos o pasado 2 de outubro entre os sindicatos e os cinco grupos parlamentarios (PP, PSdeG-PSOE, BNG, Grupo Común da Esquerda e Grupo Mixto).
Vilagarcía de Arousa acolle entre o luns e o mércores desta semana o XVI Seminario de Atención ás Persoas Maiores que organiza Comisións Obreiras. Ao longo das tres xornadas abordaranse cuestións como a garantía de futuro das pensións públicas, a brecha de xénero nestas prestacións, a atención á dependencia ou a calidade de vida e benestar das persoas maiores.
Guía de prestacións por desemprego
A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO de Galicia recompilou nunha guía toda a información sobre as prestacións por desemprego, un documento de interese para todas as persoas traballadoras, sexa cal for o seu réxime da seguridade social ou modelo de contrato.
Melloras do novo subsidio para maiores de 52 anos
​O Real Decreto 8/2019 traslado ao marco normativo o acordo entre os sindicatos e o Goberno que recupera o subsidio de maiores de 52 anos. Ademais de derrogar os recortes do 2012 para este subsidio, inclúense melloras para as persoas beneficiarias.
CCOO propón melloras para o sistema de pensións e a rede de atención ás persoas maiores
Comisións Obreiras (CCOO) presentou hoxe as principais conclusións do 'Observatorio social de las personas mayores 2018', elaborado pola Federación estatal de Pensionistas e Xubilados do sindicato. Tamén propuxo melloras tanto para o sistema público de pensións, como para toda a rede de atención ás persoas maiores, con especial énfase nas prazas en residencias da terceira idade.
O Ministerio de Facenda fixo público esta semana o procedemento para regularizar o IRPF das prestacións de maternidade e paternidade, co obxectivo de cumprir co ditaminado na sentenza do Tribunal Supremo do pasado 3 de outubro.
X
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.