Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo
Mobilizacións o 13 de setembro en solidariedade coas persoas refuxiadas

Solidariedade galega coas persoas refuxiadas

  • Convocadas mobilizacións o 13 de setembro nas cidades galegas
09.09.2015.

Ante a crise humanitaria que afronta a UE, con milleiros de persoas a procuraren refuxio, as organizacións sindicais CCOO, UGT e CIG; as organizacións políticas PSOE, BNG, EU e Podemos; a Asemblea de Cooperación pola Paz, máis outras organizacións políticas e sociais que agardamos que se adhiran, reunímonos hoxe para consensuarmos a postura e accións para levar a cabo.

21 de marzo, Día Internacional contra a Discriminación Racial

21.03.2012.

21-3-2012.- Co gallo do Día Internacional contra a Discriminación Racial, o 21 de marzo, Comisións Obreiras quere mostrar novamente a súa repulsa ás diferentes formas que o racismo e a xenofobia poden chegar a adquirir en múltiples ámbitos.

Día Internacional do Migrante: é tempo de avanzar cara á integración

18.12.2011.

18-12-2011.- Atopámonos nunha era de globalización e mobilización humana sen precedentes, e todo iso nun contexto de crise mundial que, comezando nos mercados financeiros, deu lugar a unha destrución masiva de empregos que está a provocar privacións na vida de moitas traballadoras e traballadores, das súas familias, e de comunidades enteiras.

Intervención de Xosé M. Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO

CCOO apela á xuventude a que non se resigne «porque temos alternativas»

14.10.2011.

14-10-2011.- CCOO organizou hoxe unha xornada para a mocidade centrada en cuestións como a cooperación sindical e a reforma da seguridade social e o sistema público de pensións. A organización sindical aproveitou tamén para presentar a campaña «A resignación non é unha opción, loita».

A violencia antisindical en Guatemala

23.06.2010.

23-06-2010.- Pomos ao dispor par a consulta o informe elaborado en colaboración cos sindicatos de Guatemala MSICG e UITA, que denuncian as actuacións de vulneración dos máis elementais dereitos dos traballadores e traballadoras nas empresas Unión Fenosa e Pescanova nos seus países.

CITE-CCOO organiza unha nova edición da Feira do Nadal para vendedores ambulantes

15.12.2009.

15-12-2009.- Igual que en anos anteriores, o Centro de Información para Traballadores Estranxeiros de Comisións Obreiras (CITE-CCOO) organiza en colaboración co Concello da Coruña a Feira do Nadal para vendedores ambulantes.

CCOO organiza mañá unha xornada sobre inmigración e sindicalismo en tempos de crise

05.11.2009.

05-11-2009.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC OO) organiza mañá, venres día 6 de novembro, a xornada Inmigración e sindicalismo en tempos de crise, que terá lugar ao pouco de se aprobar a reforma da Lei estatal de estranxeiría.

CCOO participará o sábado nun foro organizado con motivo do Día Mundial contra o Tráfico de Persoas

20.09.2012.

Comisións Obreiras (CCOO) participará xunto con outras organizacións o próximo sábado, día 22 de setembro, nun foro organizado na véspera do Día Mundial contra o Tráfico de Persoas. Segundo a Organización Internacional do Traballo (OIT), 2,4 millóns de persoas en todo o mundo son vítimas deste tráfico. Ademais, un relatorio da ONU indica que nos países industrializados só se ten constancia da décima parte das vítimas reais; no Estado español están rexistradas máis de 1.600.

Servizo Galego de Saúde

CCOO insta a Xunta a modificar unha orde de Sanidade que afecta negativamente as persoas estranxeiras

19.01.2012.

19-01-2012.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) insta a Xunta a modificar a orde do 5 de setembro de 2011, da Consellaría de Sanidade, pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego. A organización sindical entende que o artigo 3 da norma afecta negativamente os cidadáns e cidadás de orixe estranxeira.

CCOO participa en Ferrol nunhas xornadas sobre cooperación para o desenvolvemento

26.10.2011.

26-10-2011.- Os próximos días 27 e 28 de outubro terán lugar no campus de Esteiro, en Ferrol, unhas xornadas de introdución á cooperación para o desenvolvemento e a acción humanitaria. Nelas trataranse cuestións como a defensa dos dereitos humanos e a interculturalidade, a soberanía alimentaria, o xénero e o traballo en conflitos armados ou o comercio xusto, entre outras cuestións.

A exposición está organizada pola Fundación 10 de Marzo de CCOO

Exposición 'As mulleres tamén emigran'

24.08.2010.

24-08-2010.- O pasado día 18 inaugurouse no Concello de Noia a exposición 'As mulleres tamén emigran', organizada pola Fundación 10 de Marzo en colaboración coa Secretaría de Política Social e Muller da Unión Santiago-Barbanza de CCOO.

Posición confederal ante o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

21.03.2010.

21-03-2010.- Dende o 21 de marzo de 1966 vénse celebrando o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial como xeito de instar a comunidade internacional a intensificar esforzos para eliminar toda forma de discriminación ligada a motivos raciais.

CCOO realizará un estudo de campo para coñecer a situación da poboación inmigrante no sector pesqueiro galego

06.11.2009.

06-11-2009.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) realizará un estudo de campo para coñecer a situación da poboación inmigrante no sector pesqueiro do noso país. Anunciouno esta mañá Mabel Pérez Simal, secretaria de Inmigración da organización sindical, no transcurso da xornada 'Inmigración e Sindicalismo en Tempos de Crise'.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: