Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 7 de setembro de 2017

CCOO de Santiago-Barbanza apoia a reivindicación veciñal dun centro de día en Rianxo

A Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO manifesta o seu apoio á Plataforma "Centro de Día para Rianxo", e ofrece a súa colaboración en todo o que poida ser de utilidade. O sindicato explica que a atención á dependencia é un dos piares do estado do benestar e que os servizos públicos teñen que ser a prioridade para as Administracións públicas.

Neste sentido, CCOO reprocha que, con «desculpas necias», se lle negue ao pobo de Rianxo a prestación deste tipo de servizos. O sindicato denuncia que, «unha vez máis», a Xunta «deixa claro» que a súa prioridade non é atender as necesidades das persoas, senón que priman os intereses económicos.

CCOO cualifica de «trapallada» a planificación de centros de día por parte da Administración autonómica, por iso insta a Xunta a «rectificar e dar unha solución».

CCOO de Santiago-Barbanza apoia a reivindicación veciñal dun centro de día en Rianxo

xoves 7 de setembro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade