Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 10 de xuño de 2019

Vilagarcía de Arousa acolle ata o mércores o XVI Seminario de Atención ás Persoas Maiores que organiza CCOO

Vilagarcía de Arousa acolle entre o luns e o mércores desta semana o XVI Seminario de Atención ás Persoas Maiores que organiza Comisións Obreiras. Ao longo das tres xornadas abordaranse cuestións como a garantía de futuro das pensións públicas, a brecha de xénero nestas prestacións, a atención á dependencia ou a calidade de vida e benestar das persoas maiores.

O seminario ten lugar en Vilagarcía de Arousa entre hoxe e o mércores

O seminario ten lugar en Vilagarcía de Arousa entre hoxe e o mércores

Na primeira sesión interveu o secretario confederal de Protección Social e Políticas Públicas de CCOO, Carlos Bravo, quen disertou sobre o sistema público de pensións e as garantías de futuro. A segunda relatora do día foi Mamen Sabio, secretarida Muller e Igualdade do Sindicato Nacional de CCOO. A sindicalista centrou a súa charla na brecha de xénero nas pensións, facendo énfase en que as peores condicións laborais que soportan as mulleres teñen como principal consencuencia unhas pensións moito menores que as dos homes.

Mañá martes, a atención á dependencia, a partir dunha perspectiva sanitaria e social, centrará as intervencións de Javier Martín, da federación estatal de Sanidade de CCOO, e Maica Bouza, secretaria nacional de Previsión Social.

Xa o mércores, Rosa Fontaíña, da Rede Veciñal de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo, e o xerontólogo Miguel Ángel Vázquez, falarán de calidade de vida e benestar social.

Vilagarcía de Arousa acolle ata o mércores o XVI Seminario de Atención ás Persoas Maiores que organiza CCOO

luns 10 de xuño de 2019

Documentos relacionados

Programa do XVI Seminario de Atención ás Persoas Maiores que organiza CCOO [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade