Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 2 de decembro de 2019

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Cada 3 de decembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A propósito deste día, CCOO, como axente central das relacións laborais e do mercado de traballo que representa a todos os traballadores e traballadoras, teñan ou non discapacidade, chama a atención sobre a situación en que se atopan miles de persoas en Galicia: a taxa de actividade laboral das persoas con discapacidade é do 28,2 %, mentres que a da poboación xeral é do 73,2 %, e a taxa de paro das persoas con discapacidade é maior en case 14 puntos.

CCOO avoga pola inserción laboral real deste colectivo

CCOO avoga pola inserción laboral real deste colectivo

Malia existir un marco lexislativo amplo e avanzado, formalmente garantista e orientado ao obxectivo da inserción laboral ordinaria, isto é algo que moi poucas persoas con discapacidade conseguen de xeito efectivo.

Velaquí algunhas das circunstancias que o motivan:
 
— A baixa intensidade das axudas públicas que apoien o cumprimento da lexislación. 
— O pouco interese da autoridade laboral para facer cumprir a lexislación, co obxectivo da inserción laboral ordinaria. 
— A concentración maioritaria das axudas públicas no emprego protexido. 
— As axudas públicas especialmente baixas para a inserción laboral ordinaria. 
—A percepción social xeneralizada do carácter voluntario da lexislación en materia de inserción laboral.


[Le o manifesto completo]

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade

luns 2 de decembro de 2019

Documentos relacionados

Manifesto [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros