Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Conferencia de Xuventude de Galicia

xoves 16 de xaneiro de 2020

Contías de pensións e prestacións públicas aplicables en 2020

O BOE de onte, 15 de xaneiro, recolle o Real decreto 1/2020, do 1 de xaneiro, polo cal o Goberno procedeu a aprobar a revalorización das pensións públicas para o ano 2020, xunto a outras prestacións de Seguridade Social. Con carácter xeral procedeuse a unha revalorización de todas as pensións por un importe do 0,9 % respecto das contías de 2019, que os pensionistas percibirán con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2020 na próxima nómina e, ademais, súmase a garantía de revisión ao final do ano no caso de que a inflación finalmente rexistrada en 2020 supere o 0,9%.

Fotografía de arquivo dunha protesta na Coruña pola revalorización das pensións

Fotografía de arquivo dunha protesta na Coruña pola revalorización das pensións

Xuntamos un cadro a esta nota informativa, para consultar como quedan as principais pensións e prestacións.

Contías de pensións e prestacións públicas aplicables en 2020

xoves 16 de xaneiro de 2020

Documentos relacionados

Contías de pensións e prestacións públicas aplicables en 2020 [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade