Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Conferencia de Xuventude de Galicia

01.01.2021.

AVISO SOBRE A ACTUALIZACIÓN DOS DOCUMENTOS

Todas as axudas e subvencións introducidas nesta páxina deixan de estar visibles unha vez transcorrido o prazo para concorrer a elas. Por este motivo, só aparecen nesta sección as axudas e subvencións vixentes.

28.01.2020.

Concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020. O prazo de presentación das solicitudes será de 35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

22.01.2020.

Bono social eléctrico

Son axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas consumidoras vulnerables severas en risco de exclusión social. | PRAZO. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2020.

20.01.2020.

Concesión da prestación económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2020 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aqueloutras que, tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2018 e 2019, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías reguladas no artigo 4.2 e proceder á súa convocatoria (código do procedemento BS403B). / PRAZO. O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día en que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.

13.11.2017.

Actualidade de emprego, formación e política social n.º 1 (novembro de 2017)

O documento contén normativa publicada, novidades nestes ámbitos e referencias a axudas ou subvencións.