Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

28.07.2020. [Gabinete de Igualdade]

Bono Concilia

Axudas ás familias para facilitarlle o pagamento da praza nunha escola infantil privada da súa elección cando a nena ou neno quede en lista de agarda nas escolas infantís públicas ou financiadas con fondos públicos, ou a familia resida en localidades onde non existen prazas públicas.

16.06.2020. [Gabinete de Igualdade]

Axudas para a redución de xornada

Tal e como reclamou CCOO no seo do diálogo social, a Xunta publica no DOG as axudas para a conciliación da vida familiar e laboral para homes e mulleres (neste último caso titulares de familias monoparentais ou de parellas formadas por dúas mulleres). Nela recóllese a necesidade dunha involucración maior dos homes na repartición equilibrada das responsabilidades e as tarefas domésticas así como no coidado de persoas a cargo.

15.06.2020. [Gabinete de Igualdade]

Bono coidado extraordinario para coidado de menores

Consiste en axudas económicas ás familias con nenos e nenas de ata 12 anos de idade, estes incluídos, que teñan a súa residencia en Galicia, para a conciliación da vida familiar e laboral durante o tempo de suspensión de actividade nas escolas infantís 0-3 e centros de ensino non universitario como consecuencia da evolución da epidemia da COVID-19.

15.06.2020. [Gabinete de Igualdade]

Bono coidado extraordinario para coidado de persoas dependentes

Axudas económicas para: - Os gastos derivados da contratación dun servizo de axuda no fogar, para a contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras ou para paliar a diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada para atender no domicilio as persoas usuarias de centros de día de persoas maiores e de centros de día específicos de alzhéimer, e de centros de día e ocupacionais de persoas con discapacidade. / - Os gastos derivados da contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva destas persoas.

10.06.2020. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

Guía explicativa do ingreso mínimo vital (IMV)

A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO edita esta breve guía explicativa do ingreso mínimo vital (IMV), recentemente aprobado.

04.05.2020. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

Subsidio excepcional por desemprego por fin de contrato temporal

Poderanse benefiicar as persoas traballadoras ás que se lles extinguiu un contrato de duración determinada de, polo menos, dous meses de duración, con posterioridade á entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma. / Data de presentación: desde o 5 de maio ata a data en que finalice a vixencia da declaración do estado de alarma, ambos inclusive.

04.05.2020. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

Subsidio de desemprego extraordinario por falta de actividade para as persoas integradas no sistema especial para empregados de fogar do réxime xeral da seguridade social

Poderanse beneficiar as persoas que estaban de alta no Sistema Especial de Empregados do Fogar do réxime xeral da Seguridade Social antes da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma. / Prazo de presentación: desde o 5 de maio ata un mes despois da fin da vixencia da declaración do estado de alarma.

22.04.2020. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

Novas medidas de protección? (RDL 15/2020, de 21 de abril)

(RDL 15/2020, de 21 de abril)

09.04.2020.

Medidas en materia de vivenda recollidas no Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo

RESUMO DO CONTIDO: Moratoria no pagamento da renda ou modificación do contrato / Avais estatais para o financiamento a arrendatarios en situación de vulnerabilidade / Programa de axudas ao alugamento / Novo «Programa de axuda ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, persoas sen fogar e outras persoas especialmente vulnerables» / Prórroga extraordinaria dos contratos de arrendamento / Suspensión de desafiuzamentos e desaloxamentos para fogares vulnerables / ANEXO: Que se entende por situacións de vulnerabilidade? Como debe acreditarse a situación de vulnerabilidade?

20.01.2020.

Concesión da prestación económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2020 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aqueloutras que, tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2018 e 2019, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías reguladas no artigo 4.2 e proceder á súa convocatoria (código do procedemento BS403B). / PRAZO. O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día en que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.

10.05.2019. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

Balance dependencia 2018

[Prema na ligazón do título para consultar a información contida neste apartado]

29.04.2019. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

Guía de prestacións por desemprego (2019)

Guía elaborada pola Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO, actualizada a abril de 2019

04.04.2019. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

Cotizacións á seguridade social das coidadoras non profesionais no ámbito familiar

O Real decreto lei 8/2019 establece que, desde o 1 de abril de 2019, o Estado volva facerse cargo das cotizacións á Seguridade Social dos convenios especiais das coidadoras non profesionais de persoas dependentes, que se suprimiran no 2012. (Coidadoras que sexan designadas como tales no Programa Individual de Atención, sempre e cando se acredite o recoñecemento da prestación económica da dependencia.)

15.03.2019. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

Subsidio por desemprego para maiores de 52 anos

O día 12 de marzo de 2019 publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real decreto lei 8/2019, de medidas urxentes en materia de protección social, que modifica a regulación do subsidio para persoas traballadoras maiores de 55 anos en varios aspectos. Cabe salientar que se pode acceder ao novo subsidio xa a partir dos 52 anos, grazas ao acordo entre Goberno e sindicatos.

05.09.2018. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

INCREMENTO da pensión de VIUVEZ do 52% ata o 60% da base reguladora

Unha mellora aprobada na Reforma de pensións de 2011, a última reforma negociada no marco do Pacto de Toledo cuxa entrada en vigor levaba suspendida máis de seis anos.

09.04.2018. [Secretaría de Emprego e Previsión Social]

Balance dependencia 2017

[Prema na ligazón do título para consultar a información contida neste apartado]

13.11.2017.

Actualidade de emprego, formación e política social n.º 1 (novembro de 2017)

O documento contén normativa publicada, novidades nestes ámbitos e referencias a axudas ou subvencións.

19.01.2012. [Secretaría de Seguridade Social / Federación de Actividades Diversas]

Integración de empregados/as do fogar no réxime xeral da seguridade social

[Prema na ligazón do título para consultar a información contida neste apartado]

25.11.2011. [CCOO]

Análise dos equipamentos e recursos de atención á violencia de xénero en Galicia (2011)

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Secretaría da Muller, en colaboración coa Secretaría de Política Social do S. N. de CCOO de Galicia, realiza, por terceiro ano consecutivo, un estudo sobre a situación dos recursos existentes para as mulleres vítimas de violencia na nosa comunidade autónoma.

18.05.2011. [Federación de Pensionistas e Xubilados]

Guía de orientación para persoas maiores

[Prema na ligazón do título para consultar a información contida neste apartado]

03.03.2010.

Lei de Dependencia: Sistema de Atención á Autonomía e a Dependencia (SAAD) en Galicia

[Preme no título para ampliar a información contida neste apartado]

03.12.2009. [Secretaría de Política Social]

Manifesto polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro de 2009)

[Preme no título para ampliar a información contida neste apartado]

23.11.2009. [Secretaría de Política Social / Secretaría da Muller]

Análise dos equipamentos e recursos de atención á violencia de xénero en Galicia

[Preme no título para ampliar a información contida neste apartado]