Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

XUVENTUDE DE CCOO «A MOCIDADE ORGANIZADA»

12.08.2019.

O Día Internacional da Mocidade, as CCOO de Galicia, como o resto do ano, reivindica á mocidade como parte activa nos procesos de transformación dentro da propia clase traballadora, e pon de manifesto as necesidades materiais e tamén a necesidade de organizarse para avanzar e mellorar as nosas vidas.

CCOO preséntalles aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia"

CCOO preséntalles aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia"

  • Desde o sindicato sinalan unha serie de transformacións globais que esixen unha «resposta en clave de país», ao tempo que Galicia debe asumir os desafíos adoptando unha «posición de liderado»
11.06.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentoulles este martes aos grupos parlamentarios as "10 propostas para un xiro social en Galicia", que conforman a base das reivindicacións que o sindicato levará ao diálogo social aberto coa UGT, a Xunta e a patronal galega. A delegación de Comisións Obreiras entrevistouse con responsables dos grupos do PPdeG, PSdeG e En Marea; tamén hai solicitada unha xuntanza co BNG, pero aínda non se recibiu resposta.

De esq. a der., Mamen Sabio, Ramón Sarmiento, Yolanda Martínez e Xesús Castro

CCOO presenta as dez propostas que levará ao diálogo social, proceso que correrá en paralelo ás mobilizacións en varios sectores

  • O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, avanzou que o sindicato non asinará «nada que non teña un acompañamento orzamentario», e advertiu que «o non-acordo non será pacífico»
23.05.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentou este xoves as "10 propostas para un xiro social en Galicia", que o sindicato levará ao diálogo social aberto coa UGT, a Xunta e a patronal galega. Na súa intervención perante os medios de comunicación, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, explicou que o diálogo se desenvolverá en paralelo ás mobilizacións en varios sectores que precisan solucións «axiña». Así mesmo, avanzou que CCOO non asinará «nada que non teña un acompañamento orzamentario», e advertiu que «o non-acordo non será pacífico».

Un documento de interese para todas as persoas traballadoras

Guía de prestacións por desemprego

29.04.2019.

A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO de Galicia recompilou nunha guía toda a información sobre as prestacións por desemprego, un documento de interese para todas as persoas traballadoras, sexa cal for o seu réxime da seguridade social ou modelo de contrato.

Manifestación en Vigo

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas manifestacións

  • Masivo seguimento da folga, especialmente en grandes empresas e administracións públicas
  • As concentracións e manifestacións tiveron un seguimento multitudinario
08.03.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga do 8 de marzo. O seguimento foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións pública, sen que se rexistrasen incidentes salientables. As concentracións e manifestacións tiveron tamén un seguimento multitudinario.

Á esquerda, Mónica García (sec. da Muller de UGT); á dereita, Mamen Sabio (sec. da Muller de CCOO)

Vivas, libres e unidas pola igualdade

01.03.2019.

CCOO e UGT convocamos, este novo 8 de Marzo, unha folga xeral, porque ante a situación que estamos a vivir é fundamental seguir reivindicando e loitar contra as fendas e discriminacións que, por razón de xénero, seguen existindo en todos os eidos da vida, e particularmente no mercado laboral en Galicia, así como pola urxencia de dar resposta ás demandas e necesidades das traballadoras.

Novidades Seguridade Social 2019

Novidades en materia de Seguridade Social do 2019

  • Salario mínimo, bases de cotización e pensións mínimas
  • Prestacións de desemprego, familiares e asistenciais
10.01.2019.

Xuntamos a esta nota informativa dous documentos resumindo as principais novidades en materia de Seguridade Social para 2019, recollidas no Real decreto lei 28/2018, de 28 de decembro.

Cartel da Xornada Mundial polo Traballo Decente

CCOO e UGT instan a Xunta a que dea exemplo e abra unha negociación cos axentes sociais para incorporar cláusulas sociais que acaben coa precariedade nas contratacións públicas

  • O 7 de outubro celébrase a Xornada Mundial polo Traballo decente baixo o lema «Cambiar as regras»
05.10.2018.

Un ano máis, o 7 de outubro celébrase a Xornada Mundial polo Traballo Decente. Nesta undécima edición será baixo o lema «Cambiar as regras» para garantir salarios dignos para todas e todos, emprego estable e con dereitos, igualdade e cláusulas sociais na contratación pública.

A Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia publica esta guía en formato electrónico

Guía práctica para buscar emprego

19.06.2019.

A Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia publica en formato electrónico a 'Guía práctica para buscar emprego', na que se resume a principal información sobre a procura dun posto de traballo. Polo seu enfoque, trátase dunha ferramenta destinada especialmente á mocidade que procura o seu primeiro emprego, se ben o contido pode ser de interese para calquera persoa.

En primeiro termo, intervención de José Carlos Taboada na XXX Escola de Xuventude

Galicia estivo presente na XXX Escola Confederal de Xuventude

10.06.2019.

O compañeiro José Carlos Taboada, delegado de CCOO na piscina da Estrada, foi un dos participantes galegos na XXX Escola Confederal de Xuventude, que tivo lugar a pasada semana en Barcelona. Esta trixésima edición centrouse na precariedade laboral, precisamente unha cuestión sobre a que afondou Taboada na súa intervención.

Cartel da campaña

Día Mundial do Bolseiro e da Bolseira: non máis bolsas por traballo!

  • CCOO esíxelle ao novo Goberno español que reforme o sistema de prácticas non laborais
08.05.2019.

Hoxe celébrase o Día Mundial do Bolseiro e da Bolseira, unha figura que no noso país segue asociándose á precariedade laboral e á imposibilidade de iniciar con garantías un proxecto de vida. As prácticas non laborais constitúen un paso case imprescindible na transición da vida estudantil á de traballador e traballadora adulta. Un paso que ha de ser regulado e dignificado. Para CCOO, as prácticas non laborais caracterízanse pola fraude e a explotación, polo que o próximo Goberno español debe reformalas urxentemente.

Guía de contratos 2019

CCOO recompila nunha guía os diferentes tipos de contrato

  • O documento presta especial atención aos de prácticas e aos de formación e aprendizaxe, que son obxectivo dunha campaña do sindicato para atallar a fraude
27.03.2019.

A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO de Galicia recompilou nunha detallada guía a información dispoñible sobre as diferentes fórmulas de contratación.

Cartel de CCOO para a folga do 8M

Folga de dúas horas por quenda o 8 de marzo

  • Información sobre os actos previos e as mobilizacións previstas para o día da folga
  • A folga terá vinte e catro horas de duración en sectores fortemente feminizados, como ensino, centros de chamadas, medios de comunicación ou instalacións deportivas, entre outros
02.03.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia convocou folga de dúas horas por quenda para o vindeiro 8 de marzo. Concretamente, de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas e para as xornadas continuadas en quenda de noite, a folga farase durante as dúas primeiras horas da quenda nocturna que comece na xornada do día 8. Con todo, no sector da restauración colectiva o horario será diferente, mentres que nos sectores do ensino, medios de comunicación e dos centros de chamadas, convócase folga de 24 horas.

Maica Bouza, secretaria de Emprego, e Omar Ceveira, secretario de Xuventude

CCOO inicia unha campaña para informar dos seus dereitos a mocidade que está a ser «explotada» nas prácticas en empresas

  • O sindicato calcula que en Galicia hai ao redor de 34.000 mozas e mozos facendo algún tipo de prácticas, e 20.000 deles realizan prácticas non laborais sen remuneración
31.01.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) presentou hoxe unha campaña para informar os bolseiros e bolseiras dos seus dereitos e frear situacións abusivas. «Tes bolsa ou tes traballo?» é o lema da iniciativa, dirixida aos preto de 34.000 mozos e mozas que actualmente fan algún tipo de prácticas na comunidade autónoma, con especial atención aos case 20.000 que realizan prácticas non laborais sen remuneración.

O seguimento da folga foi masivo

CCOO celebra o 30.º aniversario da folga xeral de 1988 contra a reforma laboral de González

  • O éxito da mobilización obrigou o Goberno español a retirar o seu proxecto e a incrementar o gasto social
14.12.2018.

A celebrada o 14 de decembro de 1988 foi a terceira folga xeral convocada na democracia, a segunda contra o Goberno de Felipe González. Aquel 14-D, CCOO e UGT convocaron a folga xeral para rexeitar a reforma laboral impulsada polo Executivo socialista. O seguimento foi masivo en toda España, tamén en Galicia, con grande implicación da xuventude, principal damnificada. Aquela reforma abarataba o despedimento e introducía os contratos temporais para a mocidade —no marco dun plan de emprego xuvenil—, respondendo unicamente aos intereses da patronal.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: