Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

Día do Orgullo LGTBI+ 2020 - Orgullo de ser mulleres lesbianas, trans, bisexuais

Achégase un novo Día do Orgullo LGTBI+ e CCOO desexa reiterar o seu compromiso de frear a LGTBIfobia, nun ano especialmente complicado e azoutado pola pandemia do coronavirus.

8 de marzo: construíndo e sumando pola igualdade real

As confederacións sindicais de Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadores, ante a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, MANIFESTAMOS o noso compromiso de seguir construíndo a igualdade real entre mulleres e homes, a nosa vontade de seguir sumando neste esforzo colectivo e de combater todas as formas de discriminación e violencia contra as mulleres, sendo o noso ámbito prioritario a loita contra todas as discriminacións relacionadas co emprego.

Non ao despedimento por enfermar. Defende os teus dereitos

A sentenza do Tribunal Constitucional do pasado 16 de outubro, que permite o despedimento obxectivo por ausencias intermitentes, mesmo sendo xustificadas, xerou unha grande indignación e alarma social. O artigo do Estatuto dos Traballadores que o permite, o 52.d, existe desde 1980, pero foi coa redacción dada pola reforma laboral de 2012 cando se endureceu substancialmente a súa aplicación ao suprimir a referencia ao volume de falta de asistencia total do cadro de persoal no centro de traballo. Con isto individualizábase totalmente o cómputo que se ha considerar e culpabilizábase a persoa polo feito de exercer o dereito a unha recuperación efectiva no caso de enfermidades de orixe común, entre outros dereitos.

25N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

CCOO E UGT REAFIRMAN A SÚA TOTAL CONDENA DAS VIOLENCIAS MACHISTAS

#ecoacciónCCOOGalicia

Para CCOO, o cambio climático é un «desafío global» con graves consecuencias de todo tipo, medioambientais, económicas, sociais e laborais. Cómpre avanzar nunha xestión dos recursos «eficiente e sostible», pero planificando o impacto no emprego e nas condicións laborais. Por esta razón, o sindicato esixirá que a transición enerxética sexa «socialmente xusta e planificada».

#ÉOMomentoParticipa (2019)

Campaña do Espazo Xuventude de CCOO para activar a mocidade traballadora e implicala nas dinámicas sindicais.

#ÉoMomentoOrganízate (2019)

Campaña do Espazo Xuventude de CCOO para informar e concienciar a mocidade traballadora dos seus dereitos e dos aspectos máis relevantes do convenio de aplicación.

Primeiro de Maio do 2019: Primeiro as persoas

Neste 1.º de Maio, Día Internacional do Traballo, CCOO e UGT chamamos á mobilización das traballadoras e os traballadores para enchermos as rúas e conseguir que esta sexa unha xornada de reivindicación social e defensa dos dereitos da clase traballadora, para loitar contra a precariedade e as desigualdades instaladas na nosa sociedade, a favor do emprego de calidade, e para dicirlle ao Goberno que saia das urnas que aborde con urxencia a axenda social.

Tes bolsa ou tes traballo?

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) presentou en xaneiro de 2019 unha campaña para informar os bolseiros e bolseiras dos seus dereitos e frear situacións abusivas. «Tes bolsa ou tes traballo?» é o lema da iniciativa, dirixida aos preto de 34.000 mozos e mozas que actualmente fan algún tipo de prácticas na comunidade autónoma, con especial atención aos case 20.000 que realizan prácticas non laborais sen remuneración.