Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Conferencia de Xuventude de Galicia

Denuncia a precariedade laboral (2016)

CCOO impulsa unha campaña para denunciar a precariedade laboral. Segundo os datos de que dispón o sindicato, o 31 % das persoas asalariadas cobra menos do salario mínimo, ao tempo que máis da metade das horas extra non se remuneran. A precariedade tamén está vinculada á sinistralidade: a porcentaxe de accidentes de traballo é case o dobre entre as persoas con contratos temporais.

CCOO lanza esta campaña para denunciar a precariedade laboral

CCOO lanza esta campaña para denunciar a precariedade laboral

Un contrato de traballo e un salario non garanten condicións de vida dignas

As políticas de austeridade e as reformas laborais deixaron tras de si pouco emprego e de pésima calidade: hai case 140.000 persoas traballando a tempo parcial e nun 62,7 % dos casos desexarían non facelo; o 91 % dos contratos rexistrados son temporais e, deles, o 31 % ten unha duración inferior á semana.

A maior precariedade, maior posibilidade de sufrir un accidente laboral: de cada 100 persoas asalariadas con contrato indefinido, 2,4 sufriron un accidente; pero foron 4,5 de cada 100 no caso das asalariadas cun contrato temporal.
O 31 % das persoas asalariadas declaran ingresos por rendementos do traballo que non superan o salario mínimo interprofesional e, por riba, o 55 % das horas extraordinarias que se están facendo non se pagan.
Hai 227.900 persoas en paro e o 41,6 % delas levan dous ou máis anos buscando traballo.

O emprego de peor calidade implica tamén menor protección: a taxa de cobertura é de só un 51,0 % e os subsidios superan as prestacións contributivas.

En 38.300 fogares galegos non entra ningún ingreso (o 3,5 % sobre o total).

Precariedade e desemprego, é dicir, pobreza, desigualdade e exclusión social, son eivas que debemos combater. Por iso, desde o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia facemos un chamamento a loitar contra a precariedade laboral e a promover o traballo decente. Para iso actuaremos coa denuncia, as propostas e a mobilización.

Propostas para reducir a precariedade e mellorar a calidade do emprego

— Reducir a temporalidade contractual utilizando a contratación indefinida como forma ordinaria de acceso ao emprego.
— Recuperar o réxime xurídico do despedimento anterior ás reformas laborais.
— Garantir a flexibilidade interna negociada e a seguridade xurídica nas causas xustificativas das modificacións substanciais.
— Limitar as bonificacións á contratación das persoas con maiores dificultades para a súa inserción.
— Modificar o réxime do contrato a tempo parcial para que garanta unha retribución suficiente e seguridade na organización do tempo de traballo.
— Garantir a finalidade formativa do contrato para a formación e a aprendizaxe.
— Mellorar as condicións dos contratos subscritos co alumnado que traballa en programas de formación no centro de traballo.
— Garantir seguridade xurídica respecto da figura do empresario principal, o contratista e o subcontratista, e respecto da concreción da actividade nos procesos de descentralización produtiva.
— Dotar as oficinas de emprego dos recursos necesarios para garantir os servizos que desenvolven e non substituír a iniciativa pública pola privada no ámbito da orientación, a mediación e a colocación.
— Utilizar a negociación colectiva para introducir medidas que reduzan a temporalidade no seo das empresas ou centros de traballo.

Denuncia a precariedade

De maneira confidencial e segura podes denunciar casos de precaridade no enderezo denunciaprecariedade@galicia.ccoo.es.

Denuncia a precariedade laboral (2016)

Novas relacionadas

CCOO advirte da fraxilidade dos postos de traballo «con data de caducidade», creados ao abeiro dun modelo produtivo precario
Emprego insuficiente e precario: o ritmo de creación de emprego non chega para compensar o que se destruíu durante a crise
CCOO lamenta que os datos do paro rexistrado só constaten «emprego precario e abandono do mercado laboral»
CCOO inicia unha campaña para denunciar a precariedade laboral en Galicia

Documentos relacionados

Díptico informativo da campaña de denuncia da precariedade [PDF]
Cartel da campaña de denuncia da precariedade [PDF]