Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

Emprego e salarios dignos: á rúa 19F

Cartel conxunto CCOO e UGT para webs e redes sociais [JPG]

Cartel conxunto CCOO e UGT para webs e redes sociais [JPG]

A imposición de políticas de austeridade e continuos recortes, tanto no eido social como laboral, disparou as taxas de desemprego ata niveis insoportables e provocou a dualidade do mercado de traballo. Isto derivou nunha sociedade máis empobrecida e nun retroceso inxustificado de dereitos sociais e laborais.

A tímida recuperación económica que se rexistra desde o 2015 non está a chegar nin aos salarios nin á rede de protección social. E, por se fose pouco, a cidadanía tense que enfrontar á suba do custe dos servizos básicos.
Os gobernos non poden mirar cara outro lado e as organizacións patronais tampouco. Son culpables do que pasa, da suba incontrolada dos prezos, da perda de poder de compra dos salarios, das pensións e das rendas de protección.

Por todo isto, UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia chaman a cidadanía galega a saír á rúa este domingo contra o encarecemento da vida, especialmente contra a suba dos servizos básicos esenciais.
Hai que saír á rúa para demandar subas salariais, das pensións e das rendas de protección. Subas que permitan recuperar o poder adquisitivo, retomando o IPC como índice de actualización.

Hai que saír á rúa para reclamar máis e mellor emprego; contra a precariedade laboral; contra a brecha salarial; pola recuperación de dereitos e da calidade dos servizos públicos; por unha prestación de ingresos mínimos que axude a combater a desigualdade e a pobreza; e pola derrogación das reformas laborais.



MANIFESTACIÓNS
— Santiago: 12 h, Alameda-Praterías
— Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do Goberno

CONCENTRACIÓNS
— A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno
— Ferrol: 12 h, edificio da Xunta
— Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno
— Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno
— Vigo: 11.30 h, museo MARCO


* * * * *

Baixo estas liñas pódense descagar materiais relativos a esta campaña.

Emprego e salarios dignos: á rúa 19F

Novas relacionadas

Centos de persoas mobilizáronse en toda Galicia para esixir salarios e emprego dignos e se poña o freo ao encarecemento da vida
Mobilizacións o día 19 en toda Galicia «por uns salarios e emprego dignos» e contra «o encarecemento da vida e á precariedade»

Documentos relacionados

Cartel conxunto CCOO e UGT personalizable [DOC]
Cartel conxunto CCOO e UGT (xenérico) [PDF]
Cartel conxunto CCOO e UGT para webs e redes sociais [ZIP/JPG]
Folla de man, con cadro de mobilizacións [PDF]