Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

23 de marzo: mellor emprego, salarios dignos e dereitos sociais

As mobilizacións, iniciadas en decembro e que proseguiron o 19 e 22 de febreiro, continúan o 23 de marzo cunha nova xornada de loita e reivindicación.

NOS CENTROS DE TRABALLO de todo o país, reclamaremos EMPREGO,
SALARIOS DIGNOS E A RECUPERACIÓN DE DEREITOS SOCIAIS.


Levamos tres anos de crecemento económico. As previsións
para os próximos din que seguirá a tendencia.
Increméntase o beneficio empresarial.
Por que as melloras non chegan ás familias traballadoras?

Os problemas creados polos recortes non se corrixen, ao contrario, agrávanse. Aumentan a precariedade laboral, as desigualdades e a pobreza. Non se percibe vontade política para reverter esta situación. O diálogo social bipartito e tripartito non avanza.

Goberno e organizacións empresariais, coa súa inacción e co goteo continuo de actuacións regresivas, pretenden que a clase traballadora siga perdendo rendas e calidade de vida. Queremos diálogo social, pero a súa falta de implicación e compromiso lévanos á mobilización para avanzar na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Mobilizámonos polos dereitos e as liberdades cidadás
— Hai que subir salarios para garantir o poder de compra das familias.
— Hai que derrogar as reformas laborais que descompuxeron o noso mercado de traballo e outorgaron un poder desmesurado aos empresarios na negociación colectiva.
— Hai que restablecer a prioridade do convenio sectorial como mellor garantía para defender as condicións de traballo das persoas asalariadas.
— Hai que aumentar as pensións conforme ao IPC para que os pensionistas non continúen perdendo poder adquisitivo.
— Hai que recuperar os dereitos sociais e laborais arrebatados aos traballadores e ás traballadoras nos últimos anos.

Os recortes dos servizos públicos esenciais, das prestacións sociais, da sanidade, a educación e as pensións, por exemplo, aféctannos a todos e a todas e non poden illarse do que está sucedendo nas empresas, onde aumenta a precariedade do emprego, os salarios baixan e perden poder adquisitivo e atácase os dereitos laborais.
Sobran razóns para a mobilización. O 23 de marzo convocamos asembleas informativas nos centros de traballo, concentracións e paros nas grandes empresas…

Dicimos si a negociar. Dicimos si a mellorar os salarios. Dicimos si a máis e mellor emprego. Dicimos si a traballos dignos. Dicimos si a repartir o crecemento. Dicimos si porque é de xustiza.

Stop á avaricia empresarial. Mobilízate!!!

#árúa23M




Concentracións conxuntas coa UGT:


— A Coruña: concentración ás 20:00 horas. Delegación do Goberno, Praza Ourense
— Ferrol: concentración ás 12:00 horas fronte a NAVANTIA Ferrol
— Santiago: concentración ás 11:00 horas diante da Xunta (entrada da estación de autobuses)
— Lugo: concentración ás 12:00 horas na Subdelegación do Goberno
— Viveiro: concentración ás 12:00 horas na Seguridade Social (Celeiro)
— Ourense: concentración ás 12:00 horas na Confederación Empresarios Ourense (Praza das Damas) e ás 12:30 has diante do Concello Ourense
— Pontevedra: concentración ás 12:00 horas na Subdelegación do Goberno

— Vigo: manifestación ás 11:00 horas desde a 'farola' de Urzaiz ata o edificio da Xunta

23 de marzo: mellor emprego, salarios dignos e dereitos sociais

Novas relacionadas

Nova xornada de loita e reivindicación para reclamar salarios dignos, emprego estable e recuperación de dereitos sociais

Documentos relacionados

Cartel conxunto de CCOO e UGT [PDF]
Folla de man conxunta de CCOO e UGT [PDF]