Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo (2017)

Cartel

Cartel

Na Europa dos últimos anos, tras a crise económica, asistimos a un panorama de recortes e perdas de dereitos que, unido a fenómenos como o avance electoral da ultradereita ou o brexit, constitúe un terreo fértil no que xermolan con éxito as proclamas xenófobas, racistas e machistas que dividen a clase traballadora segundo a súa nacionalidade, crenza, xénero, idade ou orientación sexual.


A desesperación na busca dun emprego ou o medo a perdelo desvía a atención das condicións de traballo e achaia o camiño para as desigualdades. A imposición dunhas condicións de traballo máis desfavorables para un colectivo concreto non só é unha inxustiza, senón que constitúe un precedente que, ao cabo, esténdese ao resto das persoas traballadoras. E cando a perda de dereitos afecta a protección da saúde e a seguridade no traballo, convértese nun risco para a saúde de todas e todos.

No ámbito laboral, a precariedade é a maneira máis habitual de discriminar. A precariedade converteuse no modelo principal de inserción no emprego, e os colectivos que se viron obrigados a pasar polo seu filtro son os que manteñen peores condicións e, polo tanto, os que teñen maiores riscos de sufrir danos derivados do traballo, sexan accidentes de traballo ou enfermidades profesionais. Mulleres, migrantes, xente moza e, en xeral, os colectivos máis vulnerables son discriminados á hora de accederen a un posto de traballo, o que os aboca a ocupar aqueles empregos que acumulan maiores taxas de temporalidade e parcialidade e, pola súa vez, relacionados con maiores índices de sinistralidade.

* * *

Le o manifesto completo e accede ao cartel e actos convocados nos documentos que se adxuntan.

* * *

ACTOS EN GALICIA O 28 DE ABRIL DE 2017
DÍA INTERNACIONAL DA SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO


— A Coruña: concentración ás 12 h diante da sede da Confederación de Empresarios da Coruña (praza de Luís Seoane, 1-11). Conxunta CCOO e UGT.
— Ferrol: concentración ás 11 h diante do edificio da Xunta (praza de España). Conxunta CCOO e UGT.
— Santiago de Compostela: concentración ás 11 h diante da Confederación de Empresarios de Galicia (rúa do Vilar, n.º 54). Só CCOO.
— Lugo: concentración ás 12 h diante da delegación da Consellaría de Sanidade (rúa Montevideo, n.º 9). Conxunta CCOO e UGT.
— Cervo (A Mariña): concentración ás 14 h diante da empresa Reymogasa (auxiliar de Alcoa en San Cibrao) en memoria dun operario falecido este mesmo mes. Conxunta CCOO, UGT e CIG.
— Ourense: concentración ás 11:30 h diante da delegación da Xunta (Casa de Chocolate, avda. da Habana n.º 79). Conxunta CCOO e UGT.
— Vigo: Concentración ás 12 h diante do edificio da Xunta (rúa Concepción Arenal, n.º 8). Conxunta CCOO e UGT.

Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo (2017)

Novas relacionadas

Gran participación na asemblea convocada pola Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO co gallo do 28 de abril e do Primeiro de Maio

Documentos relacionados

Cartel [PDF]
Manifesto [PDF]

Ligazóns de interese relacionadas

Informe da sinistralidade laboral en Galicia en 2016 [PDF]