Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

Unidade Sindical en Galicia

BASES PARA UNHA RESPOSTA UNITARIA DA CLASE TRABALLADORA GALEGA DENDE CCOO, UGT e CIG

CCOO aposta pola unidade sindical en Galicia

CCOO aposta pola unidade sindical en Galicia

Dende o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia comprácenos o emprazamento a iniciarmos unha negociación formal que teña por obxecto formalizarmos unha resposta unitaria aos retos do mercado de traballo en Galicia.

NEGOCIACIÓN COLECTIVA GALEGA

OBXECTIVO SINDICAL: reducir o número de unidades de negociación e reafirmar a aposta polo marco sectorial de regulación.

PROPOSTA SINDICAL

1. Acordo para que as nosas respectivas representacións rexeiten o asinamento de convenios de empresa de nova creación con condicións laborais inferiores ás dos convenios sectoriais.
2. Aposta pola prioridade de aplicación de ámbito galego, en liña co que se está a traballar co CGRL.
3. Formalización dunha plataforma reivindicativa para iniciar negociacións coa FEGAMP, co fin de dotar o conxunto do persoal dos entes locais de Galicia dun acordo marco común de condicións laborais.
4. Creación dos «consellos de supervisión» nas empresas cun cadro de persoal superior a 250 persoas e centro de decisión en Galicia.
5. Compromiso de incluír nos convenios colectivos, como contido mínimo obrigacional, a proposta dun acordo marco galego para a igualdade, presentada polas organizacións sindicais no CGRL.

MARCO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

OBXECTIVO SINDICAL: potenciar os mecanismos de mediación laboral, tanto no eido colectivo como no individual, e reducir a xudicialización dos conflitos laborais.

PROPOSTA SINDICAL

1. Desenvolver o AGA II para a atención dos conflitos individuais, integrando o actual servizo e persoal dos SMAC.
2. Propoñer a ampliación do nivel de cobertura territorial a través dunha rede comarcalizada de sedes, dotadas de financiamento, medios e recursos profesionais propios.

EN DEFENSA DO EMPREGO

OBXECTIVO SINDICAL: prever a actuación nos procesos de deslocalización, crise ou peche de empresas que se produzan na comunidade galega.

PROPOSTA SINDICAL

1. Desenvolver un protocolo de actuación para os casos de deslocalización e crise empresarial en Galicia.

FORMACIÓN PARA O EMPREGO EN GALICIA

OBXECTIVO SINDICAL: facilitar a inserción laboral da mocidade. Poñer en valor a rede de centros públicos de formación profesional (FP) de titularidade autonómica. Redefinir o mapa de titulacións en consonancia coa realidade do mercado laboral en cada zona, para facilitar a inserción laboral e promover o necesario cambio no modelo produtivo galego.

PROPOSTA SINDICAL

1. Regulación autonómica da FP dual para favorecer o desenvolvemento e o acceso universal e en condicións de non discriminación.
2. Reverter os fondos do sistema de formación para o emprego nos centros integrados de formación profesional de titularidade pública autonómica, para convertelos nunha rede pública de centros de formación para o emprego.

MOBILIZACIONS CONXUNTAS

OBXECTIVO SINDICAL: xerar unha proposta que, da man dun probable e necesario proceso de mobilización, estruture unha resposta sindical unitaria en Galicia que salve as seguras diferenzas conxunturais, normais nun espazo de leal competencia sindical.

PROPOSTA SINDICAL

1. Acordo de manifestacións conxuntas nas datas de referencia común para o movemento sindical.
2. Priorización dos obxectivos que se pacten, establecendo espazos e prazos para a posta en común, tempos negociación e mobilización.
3. Formalización dun proceso de mobilización no conxunto das comarcas, previo ao inicio das negociacións coas contrapartes correspondentes en cada proceso.

Unidade Sindical en Galicia

Novas relacionadas

CCOO presenta unha proposta básica para a unidade de acción sindical en Galicia

Documentos relacionados

Proposta de unidade de acción sindical [PDF]