Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
7 de outubro de 2017: Xornada Mundial polo Traballo Decente

7 de outubro de 2017: Xornada Mundial polo Traballo Decente

7 de outubro - Xornada Mundial polo Traballo Decente Stop á precariedade laboral!

Nesta páxina pódense consultar e descargar os materiais editados con motivo da Xornada

Nesta páxina pódense consultar e descargar os materiais editados con motivo da Xornada

Co gallo da Xornada Mundial polo Traballo Decente, que se conmemora o 7 de outubro, CCOO denuncia a crecente precariedade laboral, fonte de inxustiza e desigualdade.

A recuperación económica dos últimos anos aproveitárona o Goberno e as patronais para nos venderen que xa saímos da crise, mais ocultando a sabendas que o emprego creado é de escasa calidade e moi mal remunerado.
CCOO alerta dos prexuízos que este emprego precario ocasiona aos sistemas públicos de protección social. Se saímos da crise co actual patrón de crecemento e unha galopante precariedade no mercado de traballo, sentaremos as bases para unha profunda desvalorización dos dereitos sociais e laborais por moitos anos.

En Galicia, a situación é igual de dramática: a economía medra pero o emprego que se crea é insuficiente e de mala calidade. Máis de 145 000 persoas traballan a tempo parcial e 223 000 con contratos temporais. Do total de contratos eventuais, o 36 % dura menos dunha semana. Ao tempo, 201 500 persoas están no paro, case a metade das desempregadas (o 48 %) carecen de cobertura e en 36 000 fogares non entra ingreso ningún. Velaí o rostro da precariedade e da miseria laboral en Galicia.

Por esta razón, CCOO esixe a suba dos salarios, para recuperar o poder adquisitivo perdido nos anos da crise; a aprobación dunha prestación de ingresos mínimos para as persoas e familias que non teñan outro ingreso laboral; e a adopción de medidas para dispor dun sistema público de pensións forte e sustentable.

7 de outubro de 2017: Xornada Mundial polo Traballo Decente

Documentos relacionados

Cartel [PDF]
Díptico [PDF]
Imaxes para redes sociais [ZIP]