Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

Conferencia Congresual de Organización

Durante os meses de xuño e xullo, as persoas que integramos a Comisión Executiva Nacional elixida no 11.º Congreso realizamos un proceso de asembleas xerais abertas. Nestes encontros cos nosos delegados e delegadas e o conxunto da afiliación, púxose de manifesto que no seo do sindicato hai unha clara demanda de cambio.

Portada da publicación informativa sobre a Conferencia de Organización

Portada da publicación informativa sobre a Conferencia de Organización

Recollendo o sentir das nosas bases, a Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galicia elaborou un conxunto de propostas para responder ás demandas de cambio organizativo. Novas propostas vinculadas a obxectivos compartidos como son o crecemento da afiliación, a anticipación da mellora na resposta electoral e unha actitude á ofensiva das Comisións Obreiras na defensa dos interese da clase traballadora galega.

A proposta será sometida a debate e posterior aprobación na Conferencia Congresual de Organización que se celebrará o vindeiro 19 de decembro en Santiago de Compostela. Neste marco, 150 delegados e delegadas traballaremos en plenario a formulación do cambio da organización en Galicia.

Conferencia Congresual de Organización

Documentos relacionados

CCOO INFORMA. Publicación informativa sobre a Conferencia Congresual de Organización [PDF]