Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

#ecoacciónCCOOGalicia

Para CCOO, o cambio climático é un «desafío global» con graves consecuencias de todo tipo, medioambientais, económicas, sociais e laborais. Cómpre avanzar nunha xestión dos recursos «eficiente e sostible», pero planificando o impacto no emprego e nas condicións laborais. Por esta razón, o sindicato esixirá que a transición enerxética sexa «socialmente xusta e planificada».

CCOO plantará un castiñeiro por cada nova afiliación do cuarto trimestre do 2019

CCOO plantará un castiñeiro por cada nova afiliación do cuarto trimestre do 2019

Ecoacción de CCOO

Como maneira de concienciar sobre a importancia de combater o cambio climático e apostar polo desenvolvemento sostible, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia levará a cabo nos próximos meses unha ecoacción. Consistirá na plantación dun castiñeiro nun monte comunal por cada nova afiliación que se produza no último trimestre deste ano. A plantación está previsto que se faga cara ao mes de febreiro do 2020. As persoas interesadas en participar poderano facer a través da Secretaría de Medio Ambiente do sindicato.

Afíliate a CCOO

Quéreste afiliar a CCOO? Pregunta na túa sección sindical, achégate aos nosos locais ou cubre este formulario en liña. É moi sinxelo!

#ecoacciónCCOOGalicia

Documentos relacionados

Cartel informando da ecoacción de CCOO [PDF]

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros