Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
25N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

25N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

CCOO E UGT REAFIRMAN A SÚA TOTAL CONDENA DAS VIOLENCIAS MACHISTAS

As confederacións sindicais de Comisións Obreiras e da Unión Xeral de Traballadores queremos facer un chamamento este 25N de 2019 ás traballadoras e os traballadores e á cidadanía en xeral, para que se sumen á denuncia e repulsa da violencia machista nas súas múltiples expresións. Unhas violencias contra as mulleres perpetradas por aqueles que queren impedir e/ou menoscabar o dereito fundamental á igualdade entre mulleres e homes, que supoñen a máis extrema manifestación de desigualdade e discriminación ás mulleres e que, sobre todo, constitúen unha violación dos seus dereitos humanos fundamentais, como son o dereito a unha vida segura, digna, autónoma, cuestionando os dereitos e liberdades de todas as mulleres e desposuíndo do dereito á vida a miles delas.

CCOO e UGT denunciamos o estancamento e incluso a regresión da idea ou o concepto da violencia contra as mulleres, negacionismo alentado desde as comunidades autónomas gobernadas polo Partido Popular e os seus socios indispensables VOX e Ciudadanos. Non se trata de accións esporádicas ou de comentarios de persoas desinformadas. Son actuacións calculadas, estratéxicas e manipuladoras para impedir que a maior parte da poboación, as mulleres, gocen dos mesmos dereitos ca os homes.

UGT e CCOO consideramos moi alarmantes as incesantes cifras de asasinatos, o alto número de denuncias por violencia de xénero, así como o aumento exponencial das denuncias por abusos, agresións sexuais e violacións.

[Continua a ler o manifesto conxunto]


MOBILIZACIÓNS 25N
Indicamos a seguir as convocatorias unitarias do movemento feminista galego. Actualizaremos a listaxe en canto tivermos confirmadas novas accións.

Nas cidades
— A Coruña: 20.00. Concentración. Obelisco
— Ferrrol: 19.00, Cantón de Molíns
— Santiago de Compostela: 20.00. Manifestación con saída na praza 8 de Marzo
— Lugo: 20.00, diante do Concello
— Ourense: 20.00. Concentración. Subdelegación do Goberno
— Pontevedra: 20.00, praza da Peregrina
— Vigo: 20.00. Manifestación. Saída da Vía Norte con Urzáiz e remate na Porta do Sol

Nas principais vilas galegas
— A Estrada: 20.30, diante do Concello
— A Gudiña: 20.00, diante da Casa do Concello
— Ames: 18.00 diante da praza do Concello (Bertamiráns)
— As pontes: 20.30, praza do Hospital
— Betanzos: 20.00, palco da música
— Cambados: 19.30, manifestación con saída da praza do Concello
— Carnota: 20.00, praza da Pedra
— Cee: 20.30, praza 8 de Marzo
— Celanova: 20.00, praza Maior
— Marín: 20.30, praza 8 de Marzo
— Melide: 20.00, praza do Convento
— Miño: 19.00, praza do Parchís
— Monforte de Lemos: 20.30, praza de España
— Nigrán: 20.00, cruce da Ramallosa
— Padrón: 20.00, rúa Rosalía de Castro
— Rianxo: 20.00, praza de Castelao
— Ribeira: 20.00, praza do Cocnello
— Sarria: 20.00, praza da Vila
— Verín: 20.30, praza do Concello

25N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Documentos relacionados

Manifesto conxunto de de CCOO e UGT [PDF]
Cartel editable para anunciar mobilizacións [DOCX]
Cartel de CCOO para o 25N [PDF]

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros