Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

10 de Marzo de 2020: memoria de loita e traballo

O próximo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, CCOO manifestarase en Ferrol baixo o lema «Memoria de loita e traballo», coa que se porá o ramo a varias semanas de traballo sindical que incluíron diversos actos e asembleas en todas as comarcas.

Acto en Santiago de Compostela

O sábado anterior, día 7, CCOO e a súa fundación entregarán os Premios 10 de Marzo, cos que este ano se recoñecen as traxectorias de Palmyre Ros, Plácido Cal e Berta Trigo. Será no Centro Sociocultural das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Actos en Ferrol

Xa o propio día 10, pola mañá terá lugar a tradicional ofrenda floral perante o monumento a Amador e Daniel (11:30). Pola tarde, ás 19:00, partirá a manifestación desde o mesmo monumento.

Asembleas comarcais

A primeira das asembleas será mañá, día 27, en Lugo. As seguintes, o luns, 2 de marzo, en Vilagarcía de Arousa; o martes, día 3, en Ourense, Pontevedra e Ferrol; o mércores, día 4, asembleas en Vigo e Santiago de Compostela; o xoves, día 5, asemblea na Coruña.

10 de Marzo de 2020: memoria de loita e traballo

Novas relacionadas

Entrega dos Premios 10 de Marzo: «Sodes un referente para a mocidade galega»
10 de Marzo: memoria de loita e traballo
Ramón Sarmiento: «Galicia decidirá nestas cinco semanas se queda ancorada no pasado ou se suma á onda de progreso que percorre o país»
Premios 10 de Marzo 2020: Berta Trigo, Plácido Cal e Palmyre Ros
CCOO presentou os actos do Día da Clase Obreira Galega coa ollada posta na grave crise industrial que padece o país
10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega

Documentos relacionados

Cartel do 10 de Marzo co programa de actos