Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#árúa19F
Diálogo social en Galicia 2015

Diálogo social en Galicia 2015

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras, a UGT, a CEG e a Xunta de Galicia asinaron o 14 de xaneiro o acordo sobre as liñas básicas para o desenvolvemento en Galicia do Programa de Garantía Xuvenil e as liñas complementarias do Programa Extraordinario de Activación para o Emprego. Para CCOO, trátase dun «esforzo colectivo» grazas ao cal 60.000 galegos e galegas poderán mellorar a súa formación ou cualificación profesional e, con iso, teren maiores posibilidades de acceder ao un emprego ou ao autoemprego. Ademais, o Servizo Público de Emprego reforzarase con 120 novas contratacións para atender de maneiras individualizada os desempregados e desempregadas.

O secretario xeral de CCOO intervén após o asinamento dos acordos

O secretario xeral de CCOO intervén após o asinamento dos acordos

As liñas que desenvolven o programa de garantía xuvenil favorecen a adquisición de experiencia laboral de mozos e mozas, que percibirán un salario segundo o convenio colectivo de referencia ao tempo que aumentan a súa formación. Tamén lle permite obter o título de eso ou de formación profesional básica e de grao medio a quen abandonou os estudos, así como adquirir formación en competencias clave ou en certificados de profesionalidade a quen a necesite. Por último, fomenta tanto a súa incorporación a empresas como as iniciativas de autoemprego. Todo isto, co apoio das persoas que se contraten como persoal técnico no Servizo Público de Emprego.

Pola súa banda, as liñas complementarias do programa de activación pretenden axudar a que as persoas que perciban a prestación recuperen a súa autoestima. Establece, ademais, os mecanismos para a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral unha vez deixen de percibir a axuda. Grazas ao reforzamento do SPEG, o novo persoal que contrate este departamento atenderá e orientará de maneira individualizada as persoas beneficiarias e tamén visitará empresas á procura de oportunidades para desempregados e desempregadas.

CCOO traballará na difusión e execución das medidas recollidas nos acordos e vixiará o seu cumprimento. Con todo, continuará a esixir que o resto das máis de 250.000 persoas desempregadas en Galicia teñan un emprego ou, se non, unha cobertura social axeitada.

Baixo estas liñas iremos subindo ligazóns e documentación informativa sobre estes dous importantes programas.

Se tedes algunha dúbida ou suxestión que facernos, podedes envialas ao seguinte correo electrónico: sn@galicia.ccoo.es

Diálogo social en Galicia 2015

Documentos relacionados

Publicadas no DOG as normas que desenvolven o Programa garantía xuvenil en Galicia no 2016 [PDF]
GUÍA: Programa extraordinario de activación en Galicia [PDF]
Díptico informativo sobre o Programa extraordinario de activación en Galicia [PDF]
GUÍA: Programa de garantía xuvenil en Galicia [PDF]
Díptico informativo sobre o Programa de garantía xuvenil [PDF]
Programa de garantía xuvenil. Prácticas non laborais [PDF]
Programa de garantía xuvenil. Programas mixtos de formación e emprego [PDF]

Ligazóns de interese relacionadas

Programa de activación: modelo oficial de solicitude [PDF]
Programa de activación: folla informativa [PDF]
Programa de activación: Real decreto lei 16/2014 [PDF]
Programa de garantía xuvenil. Como darse de alta?
Galicia Sindical n.º 57 (xaneiro do 2015)

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia