Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus
A prevalencia da COVID-19 na sociedade galega é do 1,15%, segundo o estudo realizado

CCOO-Sanidade solicita paralizar a segunda parte do estudo epidemiolóxico autonómico

  • Os datos apuntan a que unha mostra maior non modificará os resultados, mentres que a continuidade do estudo sobrecargaría os equipos de atención primaria
26.05.2020.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia solicita paralizar a segunda parte do estudo epidemiolóxico autonómico, anunciado na fin de semana polo presidente da Xunta. A intención do Goberno autonómico é testar 50 000 galegos e galegas máis. Porén, fontes expertas sinalan que, cos datos recollidos polo de agora, unha ampliación da mostra non modificaría os resultados, segundo os cales a prevalencia do coronavirus na poboación galega foi só do 1,15 %.

Durante dúas semanas, a dirección non informou o persoal

CCOO pide a dimisión da dirección do hospital Polusa por ocultarlle ao persoal un caso positivo de COVID-19

  • Boa parte das probas de detección realizadas ao persoal de enfermaría e celadores «desapareceron» e non se coñecen os resultados
22.05.2020.

A representación sindical de CCOO no hospital privado lugués Polusa denuncia que a dirección lle ocultou durante dúas semanas ao persoal un caso positivo de COVID-19. Ante a gravidade dos feitos, o sindicato pide a dimisión da dirección, pois «é totalmente inaceptable que xente sen escrúpulos dirixa este hospital».

Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura

CCOO e UGT reprochan que Cultura e Turismo actúa con «irresponsabilidade» na reincorporación do persoal de bibliotecas, arquivos e museos

  • Ambos os dous sindicatos presentarán unha denuncia na Inspección de Traballo polos reiterados incumprimentos desta Consellaría
18.05.2020.

CCOO e UGT presentarán unha denuncia ante a Inspección de Traballo polos reiterados incumprimentos da Consellaría en materia de prevención de riscos, co obxecto de garantir a saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras dos arquivos, bibliotecas e museos

Educación non distribuirá entre o persoal equipamentos de protección como as máscaras

A Consellaría de Educación abandona o persoal á súa sorte no comezo da desescalada

08.05.2020.

A partir do día 11 de maio restablécese o prazo do procedemento de admisión do alumnado e organizarase a tramitación das axudas e préstamos de libros de texto. Para isto, a Consellaría de Educación decide incrementar a presenza de traballadoras e traballadores nos centros educativos, facendo que coincidan no recinto escolar o persoal docente e non docente da Consellaría coas familias que acudan a formalizar a matrícula e xestionar os préstamos dos libros.

Roi Fernández, secretario de Saúde Laboral de CCOO

Cómpre un cambio na cultura preventiva

28.04.2020.

Hoxe é o Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo. Por desgraza, malia todo o que está a ocorrer por culpa da pandemia do COVID-19, as reivindicacións non distan moito das que levamos facendo hai tempo. A necesidade de cambiar a cultura preventiva xa era evidente ao analizar os datos de sinistralidade dos últimos anos, tanto polo número de accidentes laborais, que amosaban ás claras que algo estaba fallando, como pola falta de solucións para unha situación tan grave como o escaso recoñecemento de enfermidades profesionais.

CCOO de Construción e Servizos levará ante a Fiscalía os incumprimentos en materia de protección das empresas do servizo de axuda a domicilio da Coruña

  • Detectáronse casos positivos de COVID-19 entre o persoal de OHL Ingesan, que ten que desenvolver o seu traballo sen os medios de protección necesarios
24.04.2020.

Dende CCOO Construción e Servizos lamentamos ter que poñer en dúbida, unha vez máis, a profesionalidade e responsabilidade tanto da empresa como das autoridades sanitarias, xa que a Inspección de Traballo constatou a falta de medidas de prevención e informou as autoridades sanitarias, sen que estas fixeran nada, permitindo que o persoal de servicio de axuda a domicilio siga poñendo en risco a súa saúde, a da súa familia e a das persoas usuarias do servizo.

CCOO denuncia que o persoal de Correos ten o maior índice de contaxios de coronavirus tras o persoal sanitario

  • O sindicato atribúe a situación á «irresponsabilidade» do presidente do operador postal público; en Galicia hai 38 posibles positivos e cinco persoas máis están en corentena
22.04.2020.

O sector Postal de CCOO denuncia que o persoal de Correos ten o maior índice de contaxios de coronavirus tras o persoal sanitario. O sindicato, maioritario na empresa, atribúe a situación á «irresponsabilidade» do presidente do operador postal público, José Manuel Serrano, que durante vinte días mantivo as traballadoras e traballadores sen equipamentos de protección individual (EPI). En toda España hai 836 casos positivos de COVID-19 en Correos e 2200 máis están en corentena. En Galicia son 38 os posibles positivos e cinco máis en corentena.

CCOO critica a xestión «escurantista» do Sergas na crise do COVID-19 e o nulo diálogo cos sindicatos

  • Amparándose no estado de alarma, o Servizo Galego de Saúde establece toda a nova normativa aplicable ao persoal a través de instrucións
21.04.2020.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia critica a xestión «escurantista» do Sergas no referente á xestión da crise do COVID-19. Comisións critica que, amparándose no estado de alarma, o Servizo Galego de Saúde omite as súas obrigas en materia de negociación colectiva e establece «a golpe de instrucións e ordes» —xa son doce— a normativa aplicable ao persoal, sen ter en consideración as achegas de CCOO e outros sindicatos.

O 38,04% de casos activos de COVID-19 sen entre persoal da sanidade pública

CCOO-Sanidade esíxelle ao Sergas un estudo sobre as causas da alta incidencia da COVID-19 entre o persoal sanitario

  • Case catro de cada dez casos activos de coronavirus están relacionados con traballadoras e traballadores da sanidade pública
25.05.2020.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esíxelle ao Sergas un estudo sobre as causas da alta incidencia de COVID-19 entre o persoal da sanidade pública. Ao tempo que os datos de contaxios na poboación xeral amosan unha tendencia decrecente, aumentan cando se trata de traballadores e traballadoras da saúde, alerta o sindicato. «Dous meses e medio despois da declaración do estado de alarma, o Sergas debe explicar por que os profesionais deste ámbito se contaxian a un ritmo maior ca o resto», apuntan desde o sindicato.

Residencia de maiores DomusVi San Lázaro, en Santiago de Compostela

CCOO esixe un plan de inspección para as residencias de maiores e de persoas con discapacidade

  • O sindicato trasladoulles ás Consellarías de Sanidade e Política Social un documento con achegas ao proxecto da Xunta de Galicia
22.05.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) esixe un plan de inspección e comprobación dos plans de continxencia das residencias de maiores e de persoas con discapacidade, previo á reactivación dos centros prevista pola Xunta de Galicia. Isto deberase facer de acordo coa representación legal dos traballadores e das traballadoras, aclara o sindicato, que xa lles trasladou ás Consellarías de Sanidade e Política Social as súas achegas ao proxecto do Goberno autonómico, un documento que en termos xerais é «correcto», pero deixa sen concretar diversos aspectos que Comisións considera «fundamentais».

Representación dunha molécula de ozono

CCOO advirte de que a desinfección ambiental con ozono non é un procedemento avalado polas autoridades sanitarias

  • O sindicato considera máis eficaz actuar preventivamente polas diferentes vías que poden ocasionar un contaxio de COVID-19
08.05.2020.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia advirte de que a desinfección ambiental con ozono non é un procedemento avalado polas autoridades sanitarias. Os produtos desinfectantes autorizados e rexistrados en España, con eficacia demostrada fronte a este coronavirus, aparecen nas listaxes publicadas polo Ministerio de Sanidade. Pero non é o caso deste gas, sinalan desde a Secretaría de Saúde Laboral de CCOO e o seu Gabinete de Saúde Laboral.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

EPA: CCOO esíxelle á Xunta de Galicia un plan de recuperación da economía galega a curto e medio prazo

  • Os datos da EPA constatan un aumento do desemprego no noso país por mor da pandemia, se ben o propio método de elaboración desta enquisa «non amosa a situación en toda a súa dureza»
28.04.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) esíxelle á Xunta de Galicia que, no marco das súas competencias, elabore un plan de recuperación da economía galega a curto e medio prazo. Ese plan ha situar en primeiro lugar a atención ás persoas, amais de responder ás necesidades das empresas. Segundo a secretaria de Emprego e Previsión social do sindicato, «cómpre dignificar e dotar de recursos o sector sanitario, sociosanitario e da protección social para garantir unha saída da crise que non deixe ninguén atrás».

A Inspección de Traballo constata a falta de equipos de protección no CAPD da Coruña e faille un novo requirimento a Política Social

  • A dirección do Centro de Atención a Persoas Dependentes negoulle os EPI necesarios ao seu persoal, denuncia CCOO
28.04.2020.

A raíz da denuncia presentada por CCOO o pasado 14 de abril, a Inspección de Traballo faille un novo requirimento á Consellaría de Política Social pola situación no Centro de Atención a Persoas Dependentes (CAPD) da Coruña. A autoridade laboral considera que a dirección do centro incumpriu a obriga de posta a disposición dos equipos de protección individual (EPI), tal como lle obrigaba o protocolo de avaliación de riscos, deixando desprotexido a maioría do persoal.

CCOO critica o «desprezo» ao persoal da atención primaria por parte da Xunta e do Sergas en relación co estudo epidemiolóxico

  • O sindicato tamén lle reprocha á Administración que a información lle chegue a través dos medios de comunicación
22.04.2020.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia critica o «desprezo» e a falta de información ao persoal da atención primaria por parte da Xunta e do Sergas. «Tanto os profesionais como a súa representación legal estamos a recibir a información a través dos medios de comunicación e non da man da propia Administración, como é preceptivo», censura a organización sindical.

#28AbrilStopCOVID19

28 de Abril 2020, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

  • A epidemia de COVID-19 revela a debilidade da prevención de riscos laborais en España
21.04.2020.

A finais dos anos oitenta do pasado século, os sindicatos estadounidenses elixiron o 28 de Abril como día para honrar a memoria das persoas vítimas de accidentes de traballo ou de enfermidades de orixe laboral. Co paso dos anos, esta data de lembranza estendeuse ao conxunto do movemento sindical internacional.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: