Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

23/11/2014.- Manifestacións da Alianza Social Galega contra a 'lei mordaza'

23/11/2014.- Manifestacións da Alianza Social Galega contra a 'lei mordaza'

A Alianza Social Galega (ASOGA) convocou par ao 23 de novembro mobilizacións en toda Galicia para rexeitar a reforma da Lei de seguridade cidadá. Este proxecto lexislativo é coñecido tamén como ‘lei mordaza’, xa que o promove o Goberno central, en mans do PP, para silenciar a protesta social.

30/06/2014.- Mobilizacións en toda Galicia contra a represión sindical

30/06/2014.- Mobilizacións en toda Galicia contra a represión sindical

Convocadas por CCOO, UGT e CIG so o lema «Defender os dereitos da clase traballadora non é un delito»

22/05/2014.- Defender os dereitos da clase traballadora non é delito

22/05/2014.- Defender os dereitos da clase traballadora non é delito

CCOO, UGT e CIG convocaron concentracións en varias cidades para denunciar as inxustas penas de prisión a que foron condenados varios sindicalistas en Galicia.

14/05/2014.- «Concentracións deitadas» en defensa da sanidade

14/05/2014.- «Concentracións deitadas» en defensa da sanidade

CCOO e outras organizacións convocaron nos hospitais públicos «concentracións deitadas» para denunciar a falta de camas hospitalarias no verán.

28/04/2014.- Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

28/04/2014.- Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

Acto de CCOO en Vigo con motivo do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo. Houbo unha asemblea e unha concentración na que se escenificou a botadura dun globo diante do INSS para denunciar as altas indebidas.

01/05/2014.- Manifestacións do Primeiro de Maio en Galicia

01/05/2014.- Manifestacións do Primeiro de Maio en Galicia

Baixo o lema «sen emprego de calidade non hai recuperación»

03/04/2014.- Concentracións contra os recortes

03/04/2014.- Concentracións contra os recortes

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia organizaron concentracións nas principais vilas e cidades galegas baixo o lema «Hai que parar as políticas de austeridade». O fin é denunciar que aumenta o paro, se deterioran os servizos públicos, os salarios e pensións perden poder adquisitivo e todo isto causa máis e máis pobreza e exclusión social. Por todo isto, demándase un plan de investimentos para crear emprego.

30/03/2014.- Manifestación de Navantia en Ferrol

30/03/2014.- Manifestación de Navantia en Ferrol

O comité de empresa de Navantia convocou unha manifestación o 30 de marzo de 2014 en Ferrol para esixir carga de traballo.

22/03/2014.- Homenaxe en Vigo a Pepe Cameselle

22/03/2014.- Homenaxe en Vigo a Pepe Cameselle

Galería fotográfica da homenaxe que a Unión Comarcal de Vigo organizou o 22 de marzo de 2014 a Pepe Cameselle.

15/03/2014.- Entrega dos Premios 10 de Marzo (2014)

15/03/2014.- Entrega dos Premios 10 de Marzo (2014)

O sábado 15 de marzo, a Fundación 10 de Marzo de CCOO entregou os galardóns cos que anualmente distingue persoas significadas na loita polos dereitos e as liberdades dos traballadores e as traballadoras.

10/12/2013.- Manifestacións en defensa da sanidade pública

10/12/2013.- Manifestacións en defensa da sanidade pública

Os días 9 e 10 de decembro de 2013, CCOO, UGT, CESM e O'Mega convocaron folga na sanidade pública. Na segunda destas datas houbo trece manifestacións en toda Galicia que reuniron máis de cen mil persoas.

01/12/2013.- Manifestación «Ferrolterra esixe solucións» e vixilia en defensa do naval

01/12/2013.- Manifestación «Ferrolterra esixe solucións» e vixilia en defensa do naval

O pasado 1 de decembro tivo lugar en Ferrol unha manifestación so o lema «Ferrolterra esixe solucións», que confluíu coa marcha convocada pola plataforma Nunca Máis. Uns días antes, o 29 de novembro, Ferrol acolleu unha vixilia en defensa do naval.

01/12/2013.- Manifestacións de Nunca Máis en Galicia

01/12/2013.- Manifestacións de Nunca Máis en Galicia

A comisión xestora da plataforma Nunca Máis, da que forma parte CCOO de Galicia, convocou manifestacións en todo o país o 1 de decembro para rexeitar a sentenza do caso 'Prestige'. En Ferrol, a marcha coincidiu coa convocada polos sindicatos en defensa da comarca e cuxas imaxes aparecen noutra galería.

23/11/2013.- Manifestacións en Galicia so o lema «Emprega a túa forza»

23/11/2013.- Manifestacións en Galicia so o lema «Emprega a túa forza»

CCOO e UGT convocaron mobilizacións en Galicia o 23 de novembro contra as políticas antisociais do Goberno central so o lema «Emprega a túa forza»

07/10/2013.- Concentracións en Galicia na Xornada Mundial polo Traballo Decente

07/10/2013.- Concentracións en Galicia na Xornada Mundial polo Traballo Decente

Un ano máis, CCOO e UGT convocaron concentracións en toda Galicia no marco da Xornada Mundial polo Traballo Decente. Responden así á chamada que desde hai oito anos vén facendo a Confederación Sindical Internacional (CSI), da que forman parte as dúas organizacións.

04/07/2013.- Manifestacións en defensa do naval en Vigo e Ferrol

04/07/2013.- Manifestacións en defensa do naval en Vigo e Ferrol

CCOO convocou en Vigo e Ferrol mobilizacións en defensa do sector naval.

16/06/2013.- Manifestacións por unha Europa máis social e democrática

16/06/2013.- Manifestacións por unha Europa máis social e democrática

O 16 de xuño do 2013, a Confederación Europea de Sindicatos (CES) convocou manifestacións en defensa dunha Europa máis social e democrática.

12/06/2013.- Folga xeral na comarca de Ferrol

12/06/2013.- Folga xeral na comarca de Ferrol

Folga xeral na comarca de Ferrol, convocada por CCOO, CIG, UGT e USTG.

09/05/2013.- Folga no Ensino

09/05/2013.- Folga no Ensino

O 9 de maio, a Plataforma en Defensa do Ensino Púbico convocou unha xornada de folga en Galicia e manifestacións nas catro provincias.

05/04/2013.- Xosé Cameselle Romero

05/04/2013.- Xosé Cameselle Romero

Xosé Cameselle Romero, ex-secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo.

01/05/2013.- Manifestacións en Galicia no 1.º de Maio

01/05/2013.- Manifestacións en Galicia no 1.º de Maio

Neste Primeiro de Maio, case 100.000 persoas participaron nas nove manifestacións convocadas polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT Galicia baixo o lema «Non teñen límite. Loita polos teus dereitos». Con este lema, a cidadanía esíxelles aos que gobernan que fronte ao drama do paro, cómpre reactivación económica; fronte á desregulación laboral, dereitos e convenio colectivo; fronte ás privatizacións, servizos públicos e protección social; e fronte á crise social e política, máis e mellor democracia.

10/03/2013.- Manifestacións en Galicia no Día da Clase Obreira Galega

10/03/2013.- Manifestacións en Galicia no Día da Clase Obreira Galega

Galería fotográfica de varias das manifestacións que percorreron Galicia o 10 de Marzo.

05/03/2013.- Concentracións contra o convenio dos novos almacéns

05/03/2013.- Concentracións contra o convenio dos novos almacéns

Convocadas por CCOO, UGT e CIG na Coruña, Vigo e Lugo.

14/11/2012. Folga xeral. Fotos de Vigo

14/11/2012. Folga xeral. Fotos de Vigo

Imaxes da manifestación de Vigo, na que participaron os secretarios xerais nacionais de CCOO, UGT e CIG.

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos da Coruña

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos da Coruña

Instantáneas da xornada de folga xeral na Coruña.

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos de Ferrol

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos de Ferrol

Instantáneas da xornada de folga xeral en Ferrol.

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos de Santiago de Compostela

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos de Santiago de Compostela

A folga xeral na capital de Galicia.

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos de Ourense

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos de Ourense

Instantáneas da xornada de folga en Ourense.

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos de Burela e Lugo

14/11/2012.- Folga xeral. Fotos de Burela e Lugo

Instantáneas da folga nas comarcas da Mariña e de Lugo

14/11/2012.- Primeiras horas da folga xeral

14/11/2012.- Primeiras horas da folga xeral

Primeiras horas da folga xeral.

17/10/2012.- Manifestación en defensa da comarca de Ferrol

17/10/2012.- Manifestación en defensa da comarca de Ferrol

Manifestación unitaria en defensa da comarca de Ferrol.

15/10/2012.- Manifestacións en toda Galicia en defensa dos servizos públicos

15/10/2012.- Manifestacións en toda Galicia en defensa dos servizos públicos

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, integrada por CCOO e outras vinte organizacións, convocou o 15 de outubro manifestacións en todo o país.

08/10/2012.- Manifestacións contra os recortes e en defensa da industria e o estado do benestar

08/10/2012.- Manifestacións contra os recortes e en defensa da industria e o estado do benestar

Manifestacións de CCOO e UGT contra os recortes que recolle o proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2013. A xornada de mobilización coincidiu tamén coa Xornada Mundial polo Traballo Decente e unha xornada europea en defensa dos sectores industriais.

27/09/2012.- Concentración do persoal de Alcoa diante da Xunta

27/09/2012.- Concentración do persoal de Alcoa diante da Xunta

Traballadoras e traballadores de Alcoa procedentes de todas as factorías que a multinacional ten no Estado español concentráronse o 27 de setembro de 2012 diante da sede da Xunta de Galicia. Neste acto reivindicativo contaron co apoio e solidariedade de persoal da Administración pública, que está a protagonizar concentracións cada xoves diante dos respectivos centros de traballo, neste caso o complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

15/09/2012: Marcha a Madrid (15-S)

15/09/2012: Marcha a Madrid (15-S)

Imaxes da participación galega na multitudinaria manifestación de Madrid contra as políticas económicas e sociais do Goberno central. Fotografías de A. Manteiga, B. Rocha, D. González, e V. Pazos.

01/05/2012.- Mobilizacións do 1.º de Maio

01/05/2012.- Mobilizacións do 1.º de Maio

En toda Galicia, a cidadanía desafiou a chuvia e mobilizouse no 1.º de Maio en defensa do emprego digno e con dereitos.

29/04/2012.- Coa educación e a sanidade non se xoga

29/04/2012.- Coa educación e a sanidade non se xoga

Galería fotográfica das mobilizacións do 29 de abril de 2012 contra os recortes na sanidade e no ensino públicos.

29/03/2012.- 29-M: folga xeral

29/03/2012.- 29-M: folga xeral

Imaxes da folga xeral do 29 de marzo de 2012 en Galicia.

06/10/2011.- Xornada Mundial polo Traballo Decente 2011

06/10/2011.- Xornada Mundial polo Traballo Decente 2011

Cuarta Xornada Mundial polo Traballo Decente. O acto central foi unha manifestación en Vigo.

27/09/2011.- Folga e manifestación do ensino público de Galicia

27/09/2011.- Folga e manifestación do ensino público de Galicia

Folga e manifestación do ensino público de Galicia (Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2011).

21/09/2011.- Folga e manifestación do ensino público de Galicia

21/09/2011.- Folga e manifestación do ensino público de Galicia

Folga e manifestación do ensino público de Galicia (Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2011).