Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO
Un momento da proposta deste xoves

O persoal de COASA mobilízase para esixir un convenio «digno»

  • Os sindicatos consideran «insultante» a proposta formulada pola dirección da empresa aeronáutica
17.01.2020.

Os traballadores e traballadoras de COASA, empresa aeronáutica situada no polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense), mobilizáronse o xoves para esixir un convenio e unhas condicións de traballo «dignas». As federacións de industria de CCOO, UGT e CIG consideran «insultante» a proposta patronal, que propón incrementar os salarios pouco máis de cinco euros ao mes.

CCOO-Sanidade denuncia que o persoal de moitos PAC aínda non recibiu os equipamentos de protección

  • O sindicato critica que a Xunta siga incumprindo o disposto no acordo que permitiu o ano pasado desconvocar a folga dos PAC
16.01.2020.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia denuncia que o persoal de moitos puntos de atención continuada (PAC) aínda non recibiu os equipamentos de protección individual (EPI). O sindicato chama a atención sobre os «desaxustes» canto á distribución, pois nalgunhas áreas sanitarias si se completou a entrega deste material.

Un momento da presentación do grupo de traballo

CCOO constitúe en Vigo un grupo de traballo sobre o amianto

  • Malia que o uso e a comercialización deste material canceríxeno están prohibidos desde o 2002, segue a ser un risco porque poden atopalo traballadores ou traballadoras sen a formación axeitada
14.01.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) constituíu hoxe en Vigo un grupo de traballo sobre o amianto. Debido ás súas múltiples propiedades (sobre todo illantes e ignífugas), foi usado de xeito intensivo durante décadas en todo tipo de sectores para diferentes aplicacións (construción naval, edificacións, canalizacións de auga, automoción, etc.). Malia que o seu uso e comercialización están prohibidos desde o 2002, o asbesto segue presente en multitude de lugares, xa que non é obrigatorio retiralo se non chegou ao final da súa vida útil.

Un momento das votacións

CCOO faise con todo o comité no SAD de Padrón

10.01.2020.

A Federación de Construción e Servizos de CCOO conseguiu toda a representación nas eleccións sindicais de Servizos Sociais Ulla Sar, empresa concesionaria do servizo de axuda a domicilio (SAD) de Padrón. O sindicato segue sumando resultados positivos e avanzando como primeira forza do sector en Galicia.

De esq. a der., A. Martínez, C. Mella, R. Sarmiento, J. Gutiérrez e M. Bouza

CCOO pídelle ao novo Goberno melloras no sistema de pensións e na atención á dependencia

  • O sindicato reivindica o Pacto de Toledo como marco de diálogo para garantir as pensións públicas «de hoxe e do futuro», que cobran especial interese en Galicia, con case 800.000 pensionistas
08.01.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) presentou hoxe as principais conclusións do 'Observatorio social de las personas mayores 2019', elaborado pola Federación estatal de Pensionistas e Xubilados do sindicato. Tamén propuxo melloras tanto para o sistema público de pensións, como para toda a rede de atención ás persoas maiores, con especial énfase no Sistema de Atención á Dependencia (SAAD) e nas prazas en residencias da terceira idade.

Momento do asinamento do convenio

CCOO e a Comunidade de Montes de Meira asinaron un convenio de colaboración

  • O Sindicato plantará un castiñeiro por cada afiliación nova dentro da súa campaña #ecoaccionccoogalicia
26.12.2019.

O texto negociado permite desconvocar a folga

Preacordo para desconvocar a folga na planta de residuos da Serra do Barbanza

  • O texto negociado recolle varias melloras económicas e sociais que se incorporarán ao convenio colectivo
19.12.2019.

O mércores, 19 de decembro, chegouse a un preacordo para desconvocar a folga na planta de tratamento de residuos da Mancomunidade Serra do Barbanza, xestionada pola empresa FCC. O centro, situado en Lousame, presta servizo tanto a este concello como aos de Ames, Brión, Porto do Son, Carnota, Muros, Noia, Rois e Pontecesures. A folga estaba convocada polo estancamento da renovación do convenio após dez meses de negociacións.

Ángel, delegado de CCOO, foi despedido por Konecta tras unha baixa médica

CCOO concentrarase o venres diante do TSXG para rexeitar os despedimentos por enfermar

17.12.2019.

A Unión Comarcal de CCOO da Coruña convoca unha concentración para o venres, 20 de decembro, diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para rexeitar os despedimentos por enfermar. Na protesta está prevista a participación de traballadores e traballadoras afectadas por esta medida e tamén a de Cristóbal González, secretario xeral comarcal.

Fotografía de arquivo dunha protesta na Coruña pola revalorización das pensións

Contías de pensións e prestacións públicas aplicables en 2020

16.01.2020.

O BOE de onte, 15 de xaneiro, recolle o Real decreto 1/2020, do 1 de xaneiro, polo cal o Goberno procedeu a aprobar a revalorización das pensións públicas para o ano 2020, xunto a outras prestacións de Seguridade Social. Con carácter xeral procedeuse a unha revalorización de todas as pensións por un importe do 0,9 % respecto das contías de 2019, que os pensionistas percibirán con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2020 na próxima nómina e, ademais, súmase a garantía de revisión ao final do ano no caso de que a inflación finalmente rexistrada en 2020 supere o 0,9%.

CCOO denuncia a falta de persoal con que conta a biblioteca | Foto: xunta.gal

CCOO reitera a petición de incrementar o cadro de persoal e mellorar a accesibilidade da Biblioteca Pública de Ourense

  • O sindicato considera positivo o establecemento dunha liña de transporte urbano que facilite o acceso ao espazo cultural de San Francisco pero incide na necesidade de habilitar prazas de aparcamento
16.01.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) reitera a petición de incrementar o cadro de persoal da Biblioteca Pública de Ourense, así como mellorar a accesibilidade. Neste senso, o sindicato considera positivo o establecemento dunha liña de transporte urbano que facilite o acceso ao espazo cultural de San Francisco, pero pide prazas de aparcamento para as persoas usuarias e os traballadores e traballadoras. Esta necesidade é máis urxente, se cabe, pola previsión de que en próximas datas se localicen na mesma zona as dependencias do Arquivo Histórico.

Concentración do persoal de Alcoa o pasado decembro diante da Subdelegación do Goberno en Lugo

O comité de Alcoa-San Cibrao urxe o Goberno a aprobar «decontado» o estatuto das industrias electrointensivas

14.01.2020.

Este luns, o comité de empresa de Alcoa-San Cibrao reuniuse co presidente de Alcoa-España, Álvaro Dorado, quen informou das previsións da empresa para o ano 2020. O directivo comunicoulles que os resultados da poxa eléctrica sitúan a planta da Mariña nunha situación máis complicada ca o ano pasado e unhas perdas superiores aos oitenta millóns de euros.

Mobilización fronte ás instalacións da empresa en Cambre

Mobilización contra o ERE extintivo en Isidro 1952

09.01.2020.

Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG mobilizáronse hoxe en Cambre fronte ás instalacións de Isidro 1952, antiga Isidro de la Cal. So o lema "Este ERE é unha fraude", os sindicatos rexeitaron os 136 despedimentos proxectados pola empresa.

Oficina do Servizo Público de Emprego en Santiago de Compostela

CCOO augura un «ano difícil» para o emprego en Galicia, pois 2019 pecha con datos «moi preocupantes» no mercado laboral

  • A afiliación á Seguridade Social baixa decontino desde o mes de agosto, ata chegarmos a decembro con case 17.000 persoas afiliadas menos
03.01.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) augura un «ano difícil» para o emprego en Galicia, xa que 2019 pecha con datos «moi preocupantes» no mercado laboral galego. O paro diminuíu no mes de decembro, como sucedeu nos dous anos anteriores, pero con moita menor intensidade, ata deixar en 165.308 o número de persoas desempregadas. Remata 2019 co desemprego practicamente estancado: só 351 persoas menos ca en novembro (un 0,21 % menos). Como adoita ser tendencia, o desemprego evoluciona peor en Galicia que no conxunto do Estado, onde a redución é do 1,08 %.

Acreditación de competencias profesionais adquiridas pola experiencia

19.12.2019.

Informamos sobre a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais.

CCOO tratou co Concello a situación da mobilidade no polígono da Agrela

Os problemas de transporte na Agrela trataranse na Mesa de Mobilidade Sostible do Concello da Coruña

  • CCOO recibiu este compromiso do concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada na xuntanza mantida hoxe con representantes do sindicato
17.12.2019.

Os problemas de transporte na Agrela trataranse na Mesa de Mobilidade Sostible do Concello da Coruña, segundo informou o Concello durante a reunión que tivo lugar hoxe á mañá. No encontro participaron o concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, a directora da Área de Infraestruturas e Mobilidade, Elvira Quintairos Lorenzo, e representantes de CCOO.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: