Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

martes 16 de maio de 2017

Acto sindical en Santiago-Barbanza para celebrar o Día das Letras Galegas

  • A Unión Intercomarcal de CCOO organizou unha actividade esta mañá, na sede nacional do sindicato, en San Lázaro

A Comisión Executiva da Unión Intercomarcal de CCOO de Santiago-Barbanza convocou as delegadas e delegados da comarca para a celebración dun acto co gallo do Día das Letras Galegas. A actividade tivo lugar este martes, véspera da efeméride, na sede nacional do sindicato, no barrio de San Lázaro (Santiago de Compostela).

Composicion da porta da sede nacional e da sala en que tivo lugar a asemblea

Composicion da porta da sede nacional e da sala en que tivo lugar a asemblea

Neste acto interveu o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, quen expuxo a situación actual e expectativas para a lingua galega.
 
Con esta iniciativa, a Unión Intercomarcal de CCOO pretende pór o seu grao de area na defensa do idioma. Como indica o secretario xeral, Carlos Pardo, trátase dun dos «principios básicos» do sindicato, en cuxos estatutos apareceu sempre a consideración do galego como lingua oficial da organización.

Conflitos na comarca

Tras a intervención do diretor da EOI compostelá, os responsables da Unión Intercomarcal fixeron un repaso e posta en común da situación dos conflitos laborais máis salientables en Santiago e no Barbanza.

Acto sindical en Santiago-Barbanza para celebrar o Día das Letras Galegas

martes 16 de maio de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade