Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

martes 4 de xullo de 2017

Folga indefinida no sector de transporte de viaxeiras e viaxeiros en autobús

  • Unanimidade nas asembleas de persoal para converter a folga no sector en indefinida desde o xoves, 13 de xullo

O sector de transporte de viaxeiras e viaxeiros en autobús irá á folga indefinida a partir da próxima semana. Así o decidiron por unanimidade as traballadoras e traballadores do sector nas asembleas que tiveron lugar esta mañá en todo o país. Hoxe e mañá continuarán os paros, tal como estaba previsto, así como os próximos martes e mércores, iniciando o xoves 13 a folga indefinida ata que se chegue a unha solución satisfactoria.

Folga indefinida desde o 13 de xullo

Folga indefinida desde o 13 de xullo

Marcos Pérez, responsable do sector de estradas de CCOO, salienta que nestas asembleas «quedou patente cal é o sentir das traballadoras e dos traballadores do sector», que mañá mércores completarán a sétima xornada de folga en tres semanas e se dispoñen a afrontar un paro indefinido.

O sindicalista apunta que nas reunións de onte entre sindicatos, patronal e Xunta «houbo avances na subrogación», pero que esta «ficaría en papel mollado» se a reordenación do mapa de transporte que presenta a Administración autonómica non garante o emprego. «E, hoxe por hoxe, o Goberno galego non garante os postos de traballo, só as condicións do persoal subrogado», matiza.

Desbloquear os convenios

Por último, o responsable do sector de estradas de CCOO insta as patronais a «escoitar o persoal» e desbloquear os convenios. «Deben deixar de ollar para outro lado e sentar, negociar e actualizar tanto salarios como condicións, que levan anos conxelados».

Folga indefinida no sector de transporte de viaxeiras e viaxeiros en autobús

martes 4 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade