Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 8 de setembro de 2017

Galeuscat sindical: perspectivas do diálogo social e a negociación colectiva no ámbito autonómico

  • CCOO de Galicia participa en Barcelona nunha nova edición do encontro sindical galego, vasco e catalán
  • Debate a tres sobre o modelo sindical confederal diante dos feitos nacionais

Unha delegación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participa o xoves e o venres desta semana nunha nova edición do Galeuscat sindical, que nesta ocasión organiza CCOO de Cataluña.

Intervención de Ramón Sarmiento na tarde do xoves no CTESC

Intervención de Ramón Sarmiento na tarde do xoves no CTESC

Na xornada do día 7, de mañá, a secretaria de CCOO de Euskadi, Loli García, deu unha charla sobre o emprego de calidade e a formación dual. A seguir, o secretario xeral do sindicato en Cataluña, Javier Pacheco, falou sobre a cohesión social e a renda garantida de cidadanía.

O xoves á tarde, as tres organizacións territoriais visitaron o Consello de Traballo Económico e Social de Cataluña (CTESC), onde se entrevistaron co seu presidente, Lluís Franco. A seguir tivo lugar unha sesión de traballo na que interveu o secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, que falou sobre as perspectivas do diálogo social e da negociación colectiva no noso país.

Este venres, 8 de setembro, os secretarios xerais de CCOO de Galicia, Cataluña e Euskadi disertarán sobre o modelo confederal do sindicato diante dos feitos nacionais. A presentación da conversa corresponderalle a Alfons Labrador Tames, coordinador do seminario Salvador Seguí de CCOO de Cataluña, e moderará Dolors Llobet i Maria, secretaria de Afiliacion, Estudos e Coordinación dos Órganos de Dirección de CCOO de Cataluña.

Galeuscat sindical: perspectivas do diálogo social e a negociación colectiva no ámbito autonómico

venres 8 de setembro de 2017